Skip to Content

                                                                                                                                                     

 

Matrícula

CURSO 2023-2024

Prazo para formalizar a matrícula:

Do 20 ao 30 de xuño de 2023. (Se non se formaliza no prazo establecido, pérdese a vacante adxudicada e perderase a praza escolar do centro educativo no que estaba matriculado anteriormente).

- As solicitudes deberán ser entregadas xunto coa documentación solicitada na secretaría do centro. (IMPORTANTE: No centro NON se fan fotocopias).

DOCUMENTACIÓN OBRIGATORIA A PRESENTAR NO CENTRO:

- Anexo III (ORDEN de 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes), Enquisa sobre a lingua materna. Proporcionaremos desde o centro esta documentación para cubrir no momento da formalización da matrícula.

Ao fin de facilitar o proceso de matriculación poñemos á vosa disposición o anexo III para que poidades descargalo e traelo xa cuberto e asinado  ao centro. LEMBRAMOS QUE É NECESARIA A SINATURA DE AMBOS PROXENITORES NO CASO DE QUE OS TITULARES DA PATRIA POTESTADE ESTEAN SEPARADOS.

Anexo III

- 5 fotos recentes tamaño carné. (Poñer por detrás o nome)

- Fotocopias dos DNI nai/pai/titor ou representante (s) legal.

- Volante histórico de convivencia (solicitar no Padrón municipal).

- Fotocopia del libro de familia (todas as páxinas escritas).

- Fotocopia da cartilla ou tarxeta da Seguridade Social do alumno.

- Informe médico cando padezan algunha situación especial de saúde: enfermidade crónica, alerxia a algún alimento ou medicamento ...

- Certificado de matrícula no 2022/2023 cando veñan doutro centro.

- Só se se dera o caso: Documento Custodia Legal, Sentencia e Convenio regulador).

- Só se se dera o caso: Fotocopia Certificado de minusvalía.

 

Non fai falta volver a achegar a documentación entregada durante o proceso de admisión.

Para calquera dúbida ao respecto do proceso de matrícula pode consultala no centro ou ben empregando as seguintes vías de contacto:

 

 @email: ceip.xunqueira2@edu.xunta.gal                                Teléfono: 886 159 073

 

LISTAXES DEFINITIVAS ADMITIDOS 2023/2024:

Xa están publicadas as listaxes definitivas de alumnado para o vindeiro curso 2023/24. Podedes consultar ditas listaxes no taboleiro interior do noso centro en horario escolar.

 

ADMISIÓN CURSO 2023/24

Do 1 ao 20 de marzo de 2023.

Recordamos que o período de admisión comeza o  1 de marzo e comprende ata o 20 deste mes. As solicitudes pódense presentar a través dos seguintes métodos:

a) Presentación da solicitude (impreso ED550B) no centro cuberta a man ou cuberta e impresa a través da aplicación: Admisión alumnado.

b) Presentación a través da Sede Electrónica. 

documentación a aportar xunta coa solicitude é a seguinte:

1. Documento acreditativo de idade do alumno (DNI, Libro de familia...)

2. Para todos, excepto os nenos de 3 anos, certificado de matrícula do curso actual.

3. De ser o caso, sentenza xudicial de separación ou divorcio onde conste a custodia do menor. No caso de guardia e custodia compartida, a solicitude deberá vir firmada polos dous proxenitores.

 

presentación a través da Sede Electrónica implica tamén a presentación da documentación anteriormente citada, incluíndo neste caso, un escanado/fotografía/etc das firmas manuscritas que deben constar no Anexo II bis de tódolos membros computables da unidade familiar, a excepción do proxenitor que asina a través da Sede Electrónica. No caso dos menores de idade deberá a firma ser dun dos proxenitores.

 

LISTAXE DEFINITIVA DO ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2022/23

Todo o alumnado que realizou solicitude no noso centro obtivo praza no mesmo para o curso 2022/23. Non obstante, as persoas interesadas en consultar as listaxes definitivas de admisión poden facelo no taboleiro interior do centro ou chamando ó número de teléfono 886159073.

LISTAXE PROVISIONAL ADMISION ALUMNADO 2022/2023

Todo o alumnado que solicitou praza para o vindeiro curso 2022/2023 está admitido no noso centro. 

O prazo de formalización de matrícula é do 20 ao 30 de xuño. Notificaremos a través da nosa web a documentación necesaria durante o mes de maio.

Distribuir contido


Imaxe aleatoria

Maios

by Dr. Radut