Skip to Content

Radio Música XUNCO

Blog de Fervelliño

SEMANA DO LIBRO: Apadrinamento lector de 2º a 4º de primaria

Destacamos como os nenos de 2º nivel estiveron preparando as súas lecturas para lelas aos de 4º de primaria.

Fixerono moi ben, recibiron os parabéns dos seus compañeiros e das mestras.

Meus parabens rapaces!!!!APADRINAMENTO DE 2º A 4º

Álbum: CURSO 2023/2024 -> APADRINAMENTO DE 2º A 4º

SEMANA DO LIBRO : apadrinamento lector

Seguimos celebrando a semana do libro cunha actividade onde participu todo o colexio, tratase do apadrinamento lector.

Os nenos do 3º ciclo leeron contos aos nenos de infantil, os do 1º ciclo, en concreto os de 2º nivel,  leron contos aos de 4º de primaria e finalmente os de 3º léronlle aos de 1º.

Aos rapaces gustóulles moito esta actividade,uns estiveron atentos escoitando e outros tiveron a responsabilidade de preparar as súas lecturas para un público moi esixente.

GRAZAS POR PARTICIPAR!!!!

Álbum: CURSO 2023/2024 -> SEMANA DO LIBRO: APADRINAMENTO LECTOR

SEMANA DO LIBRO: Investigando sobre o día 23

Durante o recreo os nenos tiveron a ocasión de investigar sobre o que pasaba o día 23 de abril tódolos anos. Tiñan que cubrir  un cuestionario de 5 preguntiñas,para iso, tiñan que utilizar os libros de consulta que xa tiñan na mesa.

Tódolos  nenos que participaron tiveron un agasallo de parte de fervelliño.

Encantoulles recibir cadanseu  libriño cheo de aventuras.

SEMANA DO LIBRO: INVESTIGAMOS SOBRE O 23 DE ABRIL
Os nenos investigaron nos libros da biblioteca sobre o día 23 de abril

GRAZAS POR PARTICIPAR!!!

Álbum: CURSO 2023/2024 -> SEMANA DO LIBRO: INVESTIGAMOS SOBRE O 23 DE ABRIL

Lectura intercentros entre: EOI Pontevedra-Xunqueira 2

A semana de celebracións con motivo do 23 de Abril iniciouse co proxecto chamado "Every student has a voice" onde colaboramos coa escola de idiomas de Pontevedra na lectura de contos. O luns,martes e xoves en horario lectivo algúns dos alumnos da EOI léronlle contos aos nenos de infantil, 1º e 2º ciclo.Así mesmo os rapaces de 4º foron os luns pola tardiña a lerlle uns contos a un grupo de alumnos da EOI.

A experiencia foi moi enriquecedora,os nenos esforzaronse moito na preparaciñon das súas lecturas.Como resposta ao seu traballo  tiveron agasallos pola súa participación.

Seguro que o próximo curso repetimos.

Bo traballo rapaces!!!SEMANA DO LIBRO NA XUNQUEIRA 2
WhatsApp Image 2024-04-28 at 21.49.18

Álbum: CURSO 2023/2024 -> SEMANA DO LIBRO NA XUNQUEIRA 2

EXPOSICIÓN DE LIBROS DE POESÍA

Álbum: CURSO 2023/2024 -> EXPOSICIÓN DE LIBROS DE POESÍA

PACO NOGUEIRAS VISITA A NOSA BILIOTECA

Que sorte tiveron os cativos de infantil!!. Paco Nogueiras veu cantarlles aos rapaces as cancións do seu novo traballo adicado aos animais. Os nenos estiveron moi atentos e cantaron ao ritmo do ukelele e do acordeón.

Grazas Paco por visitar a nosa biblio e  enchela de notas musicais e verbas en galego para que os nosos cativos disfruten coa nosa lingua.

Álbum: CURSO 2023/2024 -> PACO NOGUEIRAS NA NOSA BIBLIOTECA

21 DE MARZO DÍA DA POESÍA

O xoves 20  e o venres 21 os rapaces dos quintos andiveron recitando poesía polas aulas do centro.Escolleron autores como: Antonio García Teijeiro,Mar Benegas,Luz Beloso,Fina Casalderrei, Aitana ...

Durante os recreos prepararon as súas poesías como se fosen pompas de xabón que saían das súas voces intentando darlle vida as verbas dos versos.

Fixerono moi ben.

Grazas rapacas polo voso traballo !!!WhatsApp Image 2024-04-01 at 20.50.56

Álbum: CURSO 2023/2024 -> 21 MARZO DÍA DA POESÍA

AS MULLERES NA CIENCIA

Para celebrar o día da muller na ciencia tivemos a visita de Alba,nai de África,alumna de 6º infantil,e bióloga mariña que veu acompañada dunha paleontóloga chamada Alicia.As dúas traballan no CIM (centro de investigacións mariñas) na Illa de Torallla en Vigo.Viñeron cargadas de animaliños mariños como:erizos,ameixas,mexillas,algas,un cangrexiño..., e de lupa e microscópio,grazas a eles os rapaces poderon obsevar os diminutos ovos de mexillons e outros diminutos seres q habitaban no placton.

A súa compañeira Alicia, faloulles da historia dos dinosauros.Remataron a actividade facendo uns fósiles e coloreándoos.Estiveron fascinados co mundo dos dinosauros.

Os nenos estiveron mi atentos a todo o que nos contaban.

Moi,moi interesante.

Grazas Alba e Alicia, moi importante e interesante o voso traballo  no CIM

Álbum: CURSO 2023/2024 -> AS MULLERES NA CIENCIA

VICHES ESTA MULLER?

Os rapaces de 6º participaron no proxecto "Viches a esta muller?" que consiste en atopar datos importantes de mulleres máxicas da nosa sociedade e plasmalo nun documento que logo será exposto polos corredores.

As fontes que utilizaron foron os libros da sección de biografía da biblioteca e  internet.

Un traballo moi satisfactorio para os rapaces.

Álbum: CURSO 2023/2024 -> VICHES ESTA MULLER?

EXPOSICION SOBRE LIBROS DE MULLERES IMPORTANTES

Xa tendes listo os libros sobre algunhas das mulleres importantes e máxicas da nosa sociedade.

Espero que vos guste!!!!

Álbum: CURSO 2023/2024 -> Exposición de libros 8M
Distribuir contido

by Dr. Radut