Skip to Content

 

Radio Música XUNCO

Blog de Fervelliño

CLUBS DE LECTURA

Aquí temos aos rapaces de 6º nos clubs de lectura,disfrutando da lectura de tres libros clásicos da literatura galega e castelá.Por un lado temos; o libro de Agustín Fernández  Paz "Contos por palabras", o de Roald Dahl "Matilda" e o de Gianni Rodari "Juego de palabras".

Nos encontros que tivemos, aparte de falar dos libros, decidiron poñerse un nome aos seus clubs e facer un marcapáxinas,e así temos a 6ºA co nome de "Devoradores de libros" e a 6ºB  co nome de "Os piratas dos libros".

As charlas sobre os libros foron moi amenas e dulces xa que tiñamos uns chocolates para endulzar as nosas aportacións.

Seguirémosvos informando.

Álbum: Sen categoría -> Clubs de lectura

Celebración do día da Paz

Este ano celebramos o día 30 de Xaneiro,día da Paz, cantando unha canción composta por Ana, a profesora de música, e lendo un manifesto redactado polos nenos de 6º. O evento celebrámolo na praza de Ferrería acompañados dos pais que puderon acercarse ata alí.

No centro tamen se traballou o día elaborando pancartas,diademas,murais...

Bo traballo rapaces!!!

 

 

 

Álbum: CURSO 2023/2024 -> Celebración da Paz

Bibliopatio

 Rapaces,temos outro recuncho para disfrutar da lectura.

No patio cuberto os profes de EF,Iago e Marcos, fixéronnos unha biliocasiña, onde podemos coller libros e disfrutar deles mentras estamos no patio.

Moitas grazas profes!!!!

Screenshot_20231216_193413.jpg

Álbum: CURSO 2023/2024 -> Bibliopatio

Agasallo dos Reis Magos

 Rapaces!!!! As súas maxestades os Reis Magos deixaron na biblioteca un agasallo moi especial,unha caixa chea de aventuras,xogos,maxia e moitas emocións.

Vinde visitala!!!!!

Álbum: CURSO 2023/2024 -> Regalo dos Reis Magos

A biblio ten moita vida

Nos tempos de lecer a biblo enchese de cativos lendo,fedellando no curruncho dos xogos ou buscando información nos portátiles para os seus traballos.

É un momento de disfrúte.

Álbum: CURSO 2023/2024 -> A nosa biblio ten vidilla

Reciclamos coas historias de Polo Correo do Vento

 Aprendemos a reciclar,reusar e reducir da man das cancións e das historias dos rapaces de Polo Correo do Vento

.O nenos participaron e estiveron moi atentos as explicacións.

Álbum: CURSO 2023/2024 -> Polo correo do vento na biblio

O Nadal na biblioteca

Estas semanas previas o Nadal, os nenos de 5º foron por tódalas clases lendo contos de Nadal.

Grazas rapaces polo voso traballo-

Álbum: CURSO 2023/2024 -> Chegou o nadal a Biblioteca

RECOMENDACIÓNS LITERARIAS NADAL

Álbum: CURSO 2023/2024 -> Recomendacións literarias Nadal

Actividades na biblioteca

 Esta semana os rapaces de infantil disfrutaron do conto do xirasol mentras aprendían o importante que é saber  reciclar e de facer un bo compos.

Álbum: Sen categoría -> Revitalizate na biblioteca

25 N

No centro gritamos... NON máis violencia e SÍ máis  palabras de amor mediante as historias dos libros da biblioteca e das diferentes actividades.Palabras chave: Biblioteca

Álbum: CURSO 2023/2024 -> 25 N
Distribuir contido


by Dr. Radut