Skip to Content

                                                                                                                                                     

 

Revitaliza

INTRUSOS NO COMPOSTEIRO

Hoxe os nenos e nenas de cuarto de primaria fixeron de detectives científicos e estiveron buscando intrusos no composteiro. Pero ... que é iso de intrusos dentro do composteiro? Pois tiveron que buscar residuos impropios, que non deben estar presentes dentro do composteiro. Deducir a súa orixe, a composición e os efectos sobre o medio. Principalmente buscaron microplásticos e agora xa saben cal é o seu impacto ambiental.

O XOGO DA MIÑOCA

O 24 de xaneiro a rapazada de 1º e 2º participou no XOGO DA MIÑOCA.

Esta é unha actividade deseñeda e desenvolvida para abordar, de xeito lúdico e ameno, os conceptos básicos da compostaxe e da recollida selectiva.

Pasárono xenial aprendendo sobre uns dos piares básicos do coidado do medio ambiente.

Agardamos que estas aprendizaxes que sementamos agora den froito no futuro.

Que é?

Dende o curso 2019/2020 participamos no Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra porque queremos concenciar ao noso alumnado da necesidade de coidar o noso planeta.

Este programa vai dirixido ao alumnado de educación infantil, primaria, secundaria e bacharelato dos centros educativos pertencentes aos concellos adscritos ao Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra, acompañado dunha formación especifica tamén para o profesorado.

OBXECTIVOS DO PROGRAMA

  • Concienciar á comunidade educativa da problemática dos residuos.
  • Acadar un cambio de actitudes e responsabilidade na separación dos residuos orgánicos domésticos.
  • Compromiso persoal ante a redución dos mesmos e co uso dos composteiros comunitarios e individuais.
  • Informar sobre a importancia da compostaxe como alternativa necesaria, ao ser máis económica e ecolóxica que os tratamentos actuais.

Obxectivos Específicos

  • Traballar coa comunidade educativa dos centros educativos das zonas onde haxa composteiros comunitarios.
  • Coordinar e facer un seguimento individualizado do programa educativo en cada centro, ofertando e adecuando as actuacións do programa ás demandas de cada equipo educativo.

RETO RECREOS RESIDUOS O

En resposta á actual emerxencia climática, QUEREMOS ACTUAR!. Está ben queixarse, pedir medidas aos gobernos e está moi ben educar ambientalmente pero todo elo ao tempo que actuamos e tomamos medidas reales no noso día a día e melloramos os noso hábitos.

Por iso, como centro educativo, sumámonos ao reto RECREOS RESIDUOS CERO, proxecto posto en marcha polo colectivo medioambiental “Profes por el futuro”. Trátase de que toda a comunidade educativa camiñe na mesma dirección para reducir, na medida do posible, os residuos plásticos que xeramos na vida en xeral e nos recreos escolares en particular. Polo que, o alumnado, familias, profesorado e demais membros da comunidade educativa debemos de facer un esforzo por cambiar e mellorar a nosa forma de consumo, envasado e transporte de productos. Cada persoa individualmente ten un enorme poder na reducción de residuos plásticos. Usemos ese poder e melloremos a situación. Seguro que, aínda que ao principio nos resulta difícil cambiar os hábitos e inercias, atopamos maneiras sinxelas e creativas de non xerar residuos plásticos. 

É complicado, sabémolo pero imos tentalo, valoramos e agradecemos o voso esforzo. Mil grazas!

Sería xenial se compartides fotos e ideas deste necesario reto medioambiental nos seguintes medios:

 A Xunqueira Pontevedra (facebook)

 cxunque2 (instagram)

 

Distribuir contido


Imaxe aleatoria

sogama

by Dr. Radut