Skip to Content

                                                                                                                                                     

 

blogue dexefatura

Susana Rodríguez Gacio

O alumnado de quinto quixo homenaxear a Susana Rodríguez Gacio neste día internacional da muller e Susana mandoulles estas bonitas verbas.

 

 

 

O teu navegador non soporta este vídeo.

A Paz 2021 con Rosa Parks

O alumnado de 6ºB recordou a Rosa Parks, activista afroamericana, figura importante do movemento polos dereitos civís en Estados Unidos por ocupar un asento para brancos en lugar dun na zona traseira do autobús para xente de cor.
 

1 DE ABRIL DÍÁS DAS ARTES GALEGAS

INTRUSOS NO COMPOSTEIRO

Hoxe os nenos e nenas de cuarto de primaria fixeron de detectives científicos e estiveron buscando intrusos no composteiro. Pero ... que é iso de intrusos dentro do composteiro? Pois tiveron que buscar residuos impropios, que non deben estar presentes dentro do composteiro. Deducir a súa orixe, a composición e os efectos sobre o medio. Principalmente buscaron microplásticos e agora xa saben cal é o seu impacto ambiental.

O XOGO DA MIÑOCA

O 24 de xaneiro a rapazada de 1º e 2º participou no XOGO DA MIÑOCA.

Esta é unha actividade deseñeda e desenvolvida para abordar, de xeito lúdico e ameno, os conceptos básicos da compostaxe e da recollida selectiva.

Pasárono xenial aprendendo sobre uns dos piares básicos do coidado do medio ambiente.

Agardamos que estas aprendizaxes que sementamos agora den froito no futuro.

SOMOS UNHA BIOESCOLA

Dende hoxe temos unha actividade de reciclaxe máis porque queremos aportar contribuir ao coidado do medio ambiente. Para iso entramos a formar parte Bioescolas.

Bioescolas é unha actividade de reciclaxe de aceite de cociña usado dirixido ó alumnado de centros escolares de Galicia, operada por Aroil Reciclajes.

En colaboración co centro educativo e o ANPA, Arioil Reciclajes:

Instala un contedor axeitado para a recollida de aceite de cociña usado, procedente das vivendas do alumnado e dos seus familiares.

Valora economicamente o aceite recollido, para colaborar na finaciación das necesidades do alumnado (actividades, material, proxectos educativos ...).

Axuda a educar medioambientalmente ó alumnado creando hábitos de reciclaxe, coa transparencia de que todos os residuos son materias primas e teñen valor.

CONCURSO

O colexio que máis aceite usado recicle por ratio de alumnado, entre o 1 de marzo e 30 de abril de 2023, recibirá un premio de 500 euros.

Distribuir contido


by Dr. Radut