Skip to Content

                                                                                                                                                     

 

Circulares

PORTAS ABERTAS

 
 

PORTAS ABERTAS

 

MANDADIÑOS 2024

Meco 2024:

 

INICIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO EN CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS PARA O CURSO 2024/2025

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades do 21 de outubro de 2022, que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o día 15 de xaneiro de 2024 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

O alumnado de 6º de Educación Primaria que pretenda continuar estudos no centro adscrito, IES Xunqueira  Nº 2, para os efectos de reserva de praza, deberán remitir ao centro o impreso que será enviado polo alumnado e que recollerán as titoras na aula. Importante que firmen os dous proxenitores.

O prazo de presentación de solicitudes abranguerá do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro do 2024, ambos incluídos.

Tanto a presentación das solicitudes como a consulta das listaxes de admitidos, que se publicarán o día 22 de febreiro, deberán realizarse no centro no que está matriculado o alumnado no presente curso ou a través da aplicación admisionalumnado(https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/)

 

CONMEMORACIÓN 25 DE NOVEMBRO

Boa tarde familias, 

Con motivo da conmemoración do 25 N, precisamos da vosa colaboración para a realizar un mural na entrada do colexio.

Necesitamos unha foto do rostro do voso fillo ou filla xesticulando un berro (gritando). O tamaño da foto en A4 e en branco e negro.

As imaxes simbolizarán un grito en contra da violencia. Xa veredes o resultado final o día da conmemoración.

Boa tarde familias, 

Con motivo da conmemoración do 25 N, precisamos da vosa colaboración para a realizar un mural na entrada do colexio.

Necesitamos unha foto do rostro do voso fillo ou filla xesticulando un berro (gritando). O tamaño da foto en A4, orientación vertical e en branco e negro.

As imaxes simbolizarán un grito en contra da violencia. Xa veredes o resultado final o día da conmemoración.

Moitas grazas e un saúdo.

 

 

ENTRADA PRIMEIRO DÍA DE CLASE

Comezamos!!!!!!

Todo o alumnado, excepto 4º de infantil que está no período de adaptación e comezará a usar os servizos a partir do luns 18 de setembro, comezará o día 11 de setembro no horario habitual de 9:00 a 14:00.

 

Como serán as entradas?

ALUMNADO DE INFANTIL ( 5ºEI e 6ºEI)

 O alumnado transportado entrará polas portas de acceso de abaixo (pegada ao comedor) cando sexa chamado e acompañado pola mestra de garda nese momento.

As titoras recibirán ao alumnado na aula.

O alumnado de familias entrará pola porta principal dentro do recinto escolar, sendo recollido pola mestra de garda nese momento que o achegará ata a aula que lle corresponda.

 

ALUMNADO DE PRIMARIA

Todos os grupos serán chamados por megafonía. Iniciarase o chamamento polos maiores, sendo o alumnado de sexto os primeiros en entrar e os de primeiro os últimos.

O alumnado transportado entrará polas portas de acceso de abaixo cando sexa chamado e acompañado pola persoa titora do nivel que está cursando ata a aula que lle corresponda.

O alumnado de familias entrará pola porta de acceso principal (exterior do recinto escolar) cando sexa chamado e acompañado pola persoa titora do nivel que está cursando ata a aula que lle corresponda.

 

AVISO: no caso de perder o transporte escolar o alumnado entrará pola porta de arriba como alumnado acompañado por familias.

 

AVISO: Os primeiros días o alumnado achegará o material escolar en bolsa pechada co seu nome. Pode facelo repartido en varios días ou achegalo o martes pola tarde en horario de titoría de 18:30 a 19:30h.

 

 

 

 

REUNIÓN PERÍODO DE ADAPTACIÓN

O xoves, 7 de setembro ás 11:00 horas teremos na escola unha reunión informativa sobre o período de adaptación. É MOI IMPORTANTE que descarguedes a aplicación de ABALAR xa que todas as mensaxes do centro son enviadas por dita aplicación.

Grazas.

Reunións inicio curso

Estimadas familias, quedades convocadas a una reunión de inicio de curso nas datas e horas que se detallan a continuación.

4º EI- XOVES 08-09-2023 ÁS 11:00

5º EI-MARTES 05-09-2023 ÁS 11:00

6º EI- MARTES 05-09-2023 ÁS 10:00

1º EP- XOVES 08-09-2023 ÁS 10:30

 

MARTES 19 DE SETEMBRO

 

16:30  2º EP BIBLIOTECA

 

17:45 5º EP BIBLIOTECA

 

MARTES 26 DE SETEMBRO

 

16:30 6º EP BIBLIOTECA

 

17:15 4º EP BIBLIOTECA

 

18:00 3º EP BIBLIOTECA

 

PONTENCIENCIA 2023

O alumnado de sexto participa un ano máis en Pontenciencia cun proxecto documental en que as emocións e a arte son as protagonistas.

PUBLICACIÓN LISTAXE PROVISIONAL DE ADMISIÓN PARA O CURSO ESCOLAR 2023-2024

 

Seguindo o establecido nas INSTRUCIÓNSDADIRECCIÓNXERALDECENTROSERECURSOSHUMANOSSOBREODESENVOLVEMENTO DOPROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO EN CENTROS DOCENTESSOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS PARA O CURSO ACADÉMICO 2023-2024  no relativo á publicación da listaxe de admisión:


7. Publicación das listaxes

As familias e o alumnado poderán consultalas:
1º.Presencialmente:no taboleiro de anuncios,que unicamente poderá ser visible dende o interior do recinto escolar. Polo tanto, a publicación na páxina web do centro, en taboleiros ou as zonas acristaladas visibles desde o exterior do centro ou calquera outra alternativa distinta das mencionadas nos artigos 9 e 35.5 da Orde do 21 de outubro de 2022 non están incluídas entre as formas de publicación admitidas. Non obstante, na páxina web poderá anunciarse o momento en que as listaxes estarán dispoñibles no taboleiro de anuncios e na aplicación.
2º.Por vía electrónica:exclusivamente a través da aplicación informática admisionalumnado,aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/sendo necesario para consultalas o certificado dixital ou Chave365O estado de tramitación da propia solicitude tamén se pode consultar na aplicación, pero en este caso é suficiente para acceder o número de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante

Distribuir contido


Imaxe aleatoria

sogama

by Dr. Radut