Skip to Content

                                                                                                                                                     

 

Circulares

CIRCULAR Nº 1: Servizo de comedor

Estimadas familias,

queremos recordar que para poder usar o servizo de comedor é necesario darse de alta a través da aplicación COLECHEF, e o plazo para facelo remata o venres 2 de setembro.

Instrucións

 

O equipo directivo

CARTA DE BENVIDA AO CURSO 2021/2022

Estimadas familias:

Tras a paréntese estival, volvemos a encontrarnos con entusiasmo e ilusión un curso máis.

Agardamos que o verán fora reparador e fixera rexurdir as forzas, como aconteceu no noso caso.

Iniciamos un novo curso baixo a sombra da COVID, sempre vixiantes e atentos á súa evolución. Como posiblemente coñecedes polos medios de comunicación, as medidas implementadas polas administracións públicas para o sector educativo son bastante similares ás do curso pasado, baseadas no uso de máscara, hixiene de mans, ventilación, distancia social, gradación de accesos e saídas, etc. Adóptase como forma máis habitual a fórmula de grupo estable de convivencia ou “grupo burbulla”, que xa establecemos no curso 2020-2021, e a distancia social redúcese a 1,20 m. Dados os excelentes resultados das medidas adoptadas o ano pasado, cabe a esperanza de ser optimistas neste sentido. Afrontamos tamén, durante este curso, o progresivo desenvolvemento da LOMLOE, xa aprobada pero aínda non aplicada ao completo.

Comezamos tamén unha nova iniciativa no noso colexio: a implantación do programa E-Dixgal en 5º  de E.P durante o 2021-2022 e en 5º e 6º no 2022-2023. Ao longo de estes meses prevese a elaboración dun Plan Dixital de Centro e a celebración de eleccións ao Consello Escolar, adiadas o pasado ano pola situación epidemiolóxica.

Desexamos que este sexa un curso que inicie a volta a unha ansiada normalidade, tan esperada como necesaria, e que cumpra todas as nosas expectativas. Coma sempre, estamos á vosa disposición para calquera cuestión deste apaixonante camiño común do ensino e a aprendizaxe.

Un cordial saúdo,

A Dirección

ORGANIZACIÓN ENTRADAS E SAÍDAS CURSO 2021-2022

EDUCACIÓN PRIMARIA

ENTRADA

ALUMNADO TRANSPORTADO:  Os autobuses terán os mesmos horarios que no curso 19-20. Á chegada ao colexio, o alumnado será conducido polo profesorado de garda ao interior do centro ao fin de manter as distancias e aforos marcados no Protocolo.

ALUMNADO ACHEGADO POR FAMILIAS:  Pola porta principal, como o ano pasado, a partir das 9:00. Comezarase por dar entrada a 6º de E.P., 5º de E.P., 4º de E.P.,3º de E.P.,2º de E.P.,1º de E.P.,E.I 6º e E.I. 5º.

SAÍDA

ALUMNADO TRANSPORTADO: Ás 14:00 h. serán conducidos polo profesorado de garda ata as diferentes liñas de autobuses e chegarán ás diferentes paradas no mesmo horario do curso 19-20.

ALUMNADO RECOLLIDO POR FAMILIAS: As familias esperarán ao alumnado de Educación Primaria no exterior da porta de acceso principal, como o ano pasado, ás 13:55 h. Sairán de xeito escalonado, de 1º a 6º de Primaria. O alumnado de 5º e 6º de E.P. poderá sair só do centro, previa autorización dos seus pais/nais/ titores/as legais.

EDUCACIÓN INFANTIL

(SALVO 4º DE E.I. EN PERIODO DE ADAPTACIÓN)

ENTRADA

ALUMNADO TRANSPORTADO: Os autobuses terán os mesmos horarios que no curso 19-20. Á chegada ao colexio, o alumnado será conducido polo profesorado de garda ao interior do centro ao fin de manter as distancias e aforos marcados no Protocolo.

ALUMNADO ACHEGADO POR FAMILIAS: Pola porta principal, como o ano pasado, a partir das 9:00. O alumnado de E.I. entrará despois do de Primaria.

SAÍDA

ALUMNADO TRANSPORTADO: Ás 14:00 h. serán conducidos polo profesorado que imparta a última sesión lectiva ata as diferentes liñas de autobuses e chegarán ás diferentes paradas no mesmo horario do curso 19-20.

ALUMNADO RECOLLIDO POR FAMILIAS: As familias esperarán ao alumnado de Educación Infantil ás 13:50 na porta 1 do patio cuberto, recollerán ao alumnado (que irá acompañado polo profesorado que imparta a última sesión) e abandonarán ordenadamente o recinto escolar.

HORARIOS DE ENTRADAS E SAÍDAS DO CURSO 2021-2022

O CEIP Xunqueira 2 comunica que O HORARIO PARA O PRESENTE CURSO ESCOLAR 2021-2022 SERÁ DE 9:00 A 14:00 HORAS, como no pasado 2019-2020.

O motivo deste reaxuste é a comunicación realizada polo Servizo Técnico de Transporte Escolar da Consellería de Cultura, Educación e Universidade recibido onte ás 14: 02 h. no que, como consecuencia do concurso de adxudicación de rutas de transporte escolar, se retoman os horarios previos á situación COVID.

Polo tanto, o vindeiro xoves 9 de setembro, o inicio das clases en Educación Primaria e Educación Infantil (salvo 4º de E.I. en período de adaptación) será o habitual:

·     Educación Primaria: de 9:00 a 14:00 pola porta de familias principal (prégase que se faga respectando as distancias interpersoais de seguridade).

·       Educación Infantil: de 9:00 a 13:50 h. A entrada é pola porta de familias principal e a saída pola porta 1 do patio cuberto.

O protocolo autoriza unicamente ás familias de Educación Infantil para acceder ao recinto escolar.

Os autobuses funcionarán cos horarios habituais desde o primeiro día.

Grazas.

 

INFORMACIÓN IMPORTANTE SOBRE O INICIO DO CURSO

INFORMACIÓN IMPORTANTE SOBRE O INICIO DO CURSO

ESCOLAR 2021-2022

 

MEDIDAS DE PROTECCIÓN INDIVIDUAL:

Para levar a cabo unha volta ás aulas segura para todos, cada alumno debe levar consigo desde o primeiro día:

Máscara dende os 6 anos e unha de reposto gardada nunha bolsa de plástico ou nun recipiente habilitado para ese uso).

En menores de 6 anos non resulta obrigatoria pero recomendamos a súa utilización.

Bote pequeno de hidroxel de uso individual (só para Educación Primaria).

 

Caixa de panos desbotables

 

 

ORGANIZACIÓN DOS HORARIOS DE ENTRADA E SAÍDA A PARTIR DO XOVES 9 DE SETEMBRO:

Entradas ao centro

  • Os alumnos transportados en autobús accederán ao centro polas portas habituais (no baixo do colexio)
  • Os alumnos de familias entrarán todos pola porta principal, DEIXANDO E RECOLLENDO AO ALUMNADO NA CANCELA DE ACCESO.

SO ACCEDERÁN AO RECINTO AS FAMILIAS DE NENOS E NENAS DE EDUCACIÓN INFANTIL.(cada neno/a cun só acompañante)

  • Os alumnos e alumnas de Ed. Primaria serán recibidos no portal polos mestres e mestras  de garda.

As horas de entrada para os alumnos e alumnas de familias será escalonada.

 

As horas de saída do centro tamén serán escalonadas para as familias e faranse na porta principal.

 

 

POLO BEN DE TODOS, PRÉGASE A MÁXIMA PUNTUALIDADE

  • O recreo será de 30 minutos.   
  • Os alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria poden ser autorizados para saír do centro sen acompañamento familiar previa autorización asinada (facilitarase o modelo). No caso de ter irmáns menores no centro e estar autorizados poden facerse cargo  deles na hora da saída.
  • As reunións de principio de curso e titorias, salvo casos excepcionais , serán via telemática ou telefónica.

 

MOITAS GRAZAS A TODOS POR COLABORAR CUNHA VOLTA O MÁIS SEGURA POSIBLE

 

 

Plan COVID

INFORMACIÓN IMPORTANTE SOBRE O INICIO DO CURSO ESCOLAR 2020-2021

INFORMACIÓN IMPORTANTE SOBRE O INICIO DO CURSO

ESCOLAR 2020-2021

 

MEDIDAS DE PROTECCIÓN INDIVIDUAL:

Para levar a cabo unha volta ás aulas segura para todos, cada alumno debe levar consigo desde o primeiro día:

Máscara dende os 6 anos e unha de reposto gardada nunha bolsa de plástico ou nun recpiente habilitado para  ese uso).

En menores de 6 anos non resulta obrigatoria pero recomendamos a súa utilización.

Bote pequeno de hidroxel de uso individual

 

Caixa de panos desbotables

 

 

HORARIOS E PORTAS DE ENTRADA E SAÍDA

Incorporación ao centro:

DÍA MARCADO POLA CONSELLERÍA

CURSOS QUE SE INCORPORAN

ALUMNADO ACOMPAÑADO DE FAMILIAS

ALUMNADO TRANSPORTADO EN AUTOBÚS

Xoves 10

de setembro

4º, 5º E. Infantil

 

1º, 2º e 3º de primaria

 

Entrada:

3º Primaria: 8:45

1º, 2º primaria:8:50

Ed. Infantil: 8:55

 

Saída:

1º, 2º Primaria:13:40-13:45

3º Primaria: 13:45-13:50

Ed. Infantil: 13:45-13:50.

 

 

Entrada:

Entarán directamente á aula polas portas habituaís:

EI, 1º e 2º : PORTA 1

3º, 4º, 5º, 6º: PORTA 2

 

Saída:

Sairán por quendas cara aos respectivos autobuses, que abandonarán o centro en torno ás 13:35-13:40 (por confirmar)

Venres 11

de setembro

6º E. Infantil

 

4º, 5º e 6º primaria

 

 

Entrada:

5º,6º Primaria: 8:40

4º Primaria: 8:45

 

Saída:

5º,6º Primaria: 13:40-13:45

4º Primaria: 13:45-13:50

 

 

Entrada:

Entarán directamente á aula polas portas habituaís:

EI, 1º e 2º : PORTA 1

3º, 4º, 5º, 6º: PORTA 2

Saída:

Sairán por quendas cara aos respectivos autobuses, que abandonarán o centro en torno ás 13:35-13:40 (por confirmar)

 

ORGANIZACIÓN DOS HORARIOS DE ENTRADA E SAÍDA CONXUNTOS (A PARTIR DO LUNS 14 DE SETEMBRO):

Entradas ao centro

ØOs alumnos transportados en autobús accederán ao centro polas portas habituais (no baixo do colexio)

ØOs alumnos de familias entrarán todos pola porta principal, DEIXANDO E RECOLLENDO AO ALUMNADO NA CANCELA DE ACCESO.

So accederán ao recinto as familias de nenos e nenas de EdUCACIÓN Infantil.(cada neno/a cun só acompañante)

ØOs alumnos e alumnas de Ed. Primaria serán recibidos no portal polos mestres e mestras  de garda.

As horas de entrada para os alumnos e alumnas de familias será escalonada.

5º,6º primaria: 8:40

3º, 4º Primaria: 8:45

1º, 2º primaria:8:50

Ed. Infantil: 8:55

 

As horas de saída do centro tamén serán escalonadas para as familias e faranse na porta principal:

13:40-13:45 -5º/ 6º/1º/2º Ed. Primaria

13:45-13:50 – 3º/4º ED Primaria e Ed INF

POLO BEN DE TODOS, PRÉGASE A MÁXIMA PUNTUALIDADE

Ø  Transporte escolar  chegará ao centro a partir das 8:40 e sairá do centro as 13:35-13:40 (por confirmar)

 

ØOs alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria poden ser autorizados para saír do centro sen acompañamento familiar previa autorización asinada (facilitarase o modelo). No caso de ter irmáns menores no centro e estar autorizados poden facerse cargo  deles na hora da saída.

 

ØAs reunións de principio de curso e titorias, salvo casos excepcionais , serán via telemática ou telefónica.

 

MOITAS GRAZAS A TODOS POR COLABORAR CUNHA VOLTA O MÁIS SEGURA POSIBLE

 

NOTA INFORMATIVA SOBRE O INICIO DE CURSO

Estimadas familias,

Ante as inquedanzas que están a xurdir en toda a Comunidade Educativa respecto ao comezo e desenvolvemento do curso escolar 2020-2021, a Dirección do CEIP Xunqueira 2 informa que:

1º. Por indicación da Consellería de Educación, os libros de texto pertencentes ao Fondo Solidario, serán entregados en setembro. Nesta web estableceremos as quendas escalonadas de reparto.

2º. Durante os meses de xullo e agosto o Equipo Directivo estivo a traballar, entre outras cousas, na adquisición de material hixiénico homologado e valorando a adaptación dos espazos e horarios do centro para compatibilizalos co Protocolo establecido pola Xunta de Galicia a finais do mes de xullo. Seguimos pendentes das posibles modificacións que se poidan producir antes do inicio do curso escolar, así como das negociacións coa FANPA no relativo a Comedor e Plan Madruga para ofrecer unha versión definitiva.

3º. O CEIP Xunqueira 2 está a realizar todas as xestións precisas para que a volta ás aulas sexa o máis segura posible para toda a Comunidade Educativa dentro do que marca a normativa vixente. Por ese motivo, recomendamos que permanezan atentos á información que se publicará a través da web oficial do colexio así como aos avisos que recibirán a través da mensaxería Abalar.

Un cordial saúdo.


ORGANIZACIÓN INICIO DO CURSO 2019-2020

ORGANIZACIÓN INICIO CURSO 2019-2020

HORARIO LECTIVO: 9:00 - 14:00h*

SERVIZOS DISPOÑIBLES: Plan Madruga, Transporte Escolar e Comedor * (dende o mércores 11)

* salvo o alumnado de 4º de infantil que está no período de adaptación e comezará a usar os servizos a partir do mércores 25 de setembro.

 

ENTRADA DO ALUMNADO:

MÉRCORES 11 SETEMBRO

TODO O ALUMNADO (transportado e acompañado por familiares) ENTRA POLAS PORTAS DE  ACCESO DE ABAIXO.

Farase chamamento do grupo e nomearase ao alumnado novo que se incorpore ao mesmo. (O Director chamará de 3º a 6º de primaria e a Xefa de Estudos de 5º de Infantil a 2º de primaria.)

O alumnado subirá só, acompañado do seu titor a e a continuación as nais/pais/titores do grupo poderán subir ás aulas 10 minutos a achegar o material.

(AVISO: POR MOTIVOS ORGANIZATIVOS PARA SALIR DO CENTRO USEN AS PORTAS DE ABAIXO PORQUE TEMOS ALUMNADO DE PERÍODO DE ADAPTACIÓN ENTRANDO POLA PORTA PRINCIPAL, GRAZAS.)

 

IMPORTANTE: a partir do xoves 12 de setembro TODO O ALUMNADO entrará segundo o PROTOCOLO DE ENTRADAS E SAÍDAS do centro.

Alumnado transportado: custodiado por profesorado de garda.

Alumnado acompañado por familias:  entrada pola porta de arriba agardando na pasarela ata a apertura de portas ás 9:00h. O alumnado entrará por orden dende 4º infantil ata 6º de primaria. (O alumnado entra só ao centro).

 

AVISO: no caso de perder o transporte escolar o alumnado entrará pola porta de arriba como alumnado acompañado por familias

AVISO: Os primeiros días as familias poderán achegar o material escolar en bolsa pechada co seu nome na conserxería do centro.

 

A dirección.

Distribuir contido


by Dr. Radut