Skip to Content

                                                                                                                                                     

 

Circulares

PONTENCIENCIA 2023

O alumnado de sexto participa un ano máis en Pontenciencia cun proxecto documental en que as emocións e a arte son as protagonistas.

PUBLICACIÓN LISTAXE PROVISIONAL DE ADMISIÓN PARA O CURSO ESCOLAR 2023-2024

 

Seguindo o establecido nas INSTRUCIÓNSDADIRECCIÓNXERALDECENTROSERECURSOSHUMANOSSOBREODESENVOLVEMENTO DOPROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO EN CENTROS DOCENTESSOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS PARA O CURSO ACADÉMICO 2023-2024  no relativo á publicación da listaxe de admisión:


7. Publicación das listaxes

As familias e o alumnado poderán consultalas:
1º.Presencialmente:no taboleiro de anuncios,que unicamente poderá ser visible dende o interior do recinto escolar. Polo tanto, a publicación na páxina web do centro, en taboleiros ou as zonas acristaladas visibles desde o exterior do centro ou calquera outra alternativa distinta das mencionadas nos artigos 9 e 35.5 da Orde do 21 de outubro de 2022 non están incluídas entre as formas de publicación admitidas. Non obstante, na páxina web poderá anunciarse o momento en que as listaxes estarán dispoñibles no taboleiro de anuncios e na aplicación.
2º.Por vía electrónica:exclusivamente a través da aplicación informática admisionalumnado,aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/sendo necesario para consultalas o certificado dixital ou Chave365O estado de tramitación da propia solicitude tamén se pode consultar na aplicación, pero en este caso é suficiente para acceder o número de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante

Xornada Portas Abertas

INSTRUCIÓNS PARA A RESERVA DE PRAZA EN CENTRO DE ADSCRICIÓN

O alumnado de 6º de Educación Primaria pode presentar a solicitude para a reserva de praza no IES adscrito (IES Xunqueira 2) desde o 16 de xaneiro ata o 6 de febreiro. As solicitudes tramitaranse a través da aplicación www.edu.xunta.gal/admisionalumnado.

Esta solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a Sede Electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/detalleprocedemento?codtram=ED550A), para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital.

Normativa reguladora do proceso:

ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C)

FORMULARIO DE RESERVA ED550A

 

Eleccións Consello Escolar

AXUDAS COMPLEMENTARIAS PARA MATERIAL

Estimadas familias A Consellería de Educación, na resolución do 5 de outubro de 2022 publicada no DOG o venres 14 de outubro, amplía as axudas concedidas este curso para mercar material escolar, cun novo vale de 25 €.

Non é necesaria ningunha nova solicitude.

A partir de hoxe, as familias do alumnado ao que se lle fixo entrega do cheque de 50 € para material escolar este curso, poden pasar polo colexio para recoller outro cheque por valor de 25 € para gastar, preferiblemente antes do 1 de decembro.

Un saúdo

XA VEN AÍ O SAMAÍN!!!!

O día 28 de outubro celebraremos no cole a festa de Samaín e o Magosto.

As castañas serán proporcionadas pola ANPA e asadas no cole por un castañeiro.

O alumnado poderá vir disfrazado e traer merenda típica destas datas (adoitan ser a base de cabaza e castañas, moi tradicionais as "chulas de cabaza").

Ademais queremos decorar con cabazas o centro polo que contamos coa vosa colaboración. As familias que queirades participar podedes decorar unha cabaza e achegala ao centro a partires do día 24.

O día 28 o alumnado levaraas de volta para casa, as que non se leven botarémolas no composteiro.

RECOLLIDA DE ROUPA

O día 5 de marzo de 2024 realizarase a recollida de roupa e calzado usado no centro coa empresa MARIOLA SOLIDARIA, en colaboración con

https://www.globalhumanitaria.org/quieres-colaborar/empresas/empresas-colaboradoras

GLOBAL HUMANITARIA

Grazas pola vosa colaboración.

CIRCULAR Nº 3: Reunións de inicio de curso

Estimadas familias, quedades convocadas a una reunión de inicio de curso nas datas e horas que se detallan a continuación.

 

 

MARTES 20 DE SETEMBRO

 

16:30  4º de educación infantil (3 anos).  AULA DE INFANTIL

 

16:30  5º EP SALÓN DE ACTOS.

 

17:15 3º EP. SALÓN DE ACTOS.

 

18:00 1º  EP. SALÓN DE ACTOS

 

MARTES 27 DE SETEMBRO

16:30  5º A de educación infantil (4 anos).  AULA DE INFANTIL

 

16:30 6º EP. SALÓN DE ACTOS.

 

17:15 4º EP. SALÓN DE ACTOS.

 

 

 

CIRCULAR Nº2 ORGANIZACIÓN ENTRADAS PRIMEIRO DÍA DO CURSO 2022/2023

 HORARIO LECTIVO: 9:00 - 14:00h

 SERVIZOS DISPOÑIBLES: Plan Madruga, Transporte Escolar e Comedor dende o día 8 de setembro.

 * salvo o alumnado de 4º de infantil que está no período de adaptación e comezará a usar os servizos a partir do luns 19 de setembro.

 ENTRADA DO ALUMNADO:

 XOVES 8 SETEMBRO

 O alumnado transportado estará custodiado no patio cuberto polos mestres de garda dende a súa chegada ao centro ata as 9:00 h, hora de entrada. A esta hora accederán ao centro polas portas de abaixo.

 O alumnado de familias accederá ao centro polo portal principal ás 9:00 h.

 O alumnado de 2º, 4º e 6º de primaria incorporarase ás aulas do curso pasado.

 O alumnado de 1º, 3º e 5º de primaria entrará ata o salón de actos onde cada titor ou titora recollerá ao seu grupo.

 O alumnado de 5º e 6º de infantil será recollido polas súas titoras na porta principal.

 O alumnado de nova incorporación ao centro dirixirase ao salón de actos.

 IMPORTANTE: as familias que desexen achegar o material agardarán á entrada de todo o alumnado no centro e deixarano en conserxería nunha bolsa con NOME E CURSO.

Distribuir contido


by Dr. Radut