Que é?
Dende o curso 2019/2020 participamos no Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra porque queremos concenciar ao noso alumnado da necesidade de coidar o noso planeta.
Este programa vai dirixido ao alumnado de educación infantil, primaria, secundaria e bacharelato dos centros educativos pertencentes aos concellos adscritos ao Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra, acompañado dunha formación especifica tamén para o profesorado.
OBXECTIVOS DO PROGRAMA
- Concienciar á comunidade educativa da problemática dos residuos.
- Acadar un cambio de actitudes e responsabilidade na separación dos residuos orgánicos domésticos.
- Compromiso persoal ante a redución dos mesmos e co uso dos composteiros comunitarios e individuais.
- Informar sobre a importancia da compostaxe como alternativa necesaria, ao ser máis económica e ecolóxica que os tratamentos actuais.
Obxectivos Específicos
- Traballar coa comunidade educativa dos centros educativos das zonas onde haxa composteiros comunitarios.
- Coordinar e facer un seguimento individualizado do programa educativo en cada centro, ofertando e adecuando as actuacións do programa ás demandas de cada equipo educativo.