Skip to Content

                                                                                                                                                     

 

RETO RECREOS RESIDUOS O

En resposta á actual emerxencia climática, QUEREMOS ACTUAR!. Está ben queixarse, pedir medidas aos gobernos e está moi ben educar ambientalmente pero todo elo ao tempo que actuamos e tomamos medidas reales no noso día a día e melloramos os noso hábitos.

Por iso, como centro educativo, sumámonos ao reto RECREOS RESIDUOS CERO, proxecto posto en marcha polo colectivo medioambiental “Profes por el futuro”. Trátase de que toda a comunidade educativa camiñe na mesma dirección para reducir, na medida do posible, os residuos plásticos que xeramos na vida en xeral e nos recreos escolares en particular. Polo que, o alumnado, familias, profesorado e demais membros da comunidade educativa debemos de facer un esforzo por cambiar e mellorar a nosa forma de consumo, envasado e transporte de productos. Cada persoa individualmente ten un enorme poder na reducción de residuos plásticos. Usemos ese poder e melloremos a situación. Seguro que, aínda que ao principio nos resulta difícil cambiar os hábitos e inercias, atopamos maneiras sinxelas e creativas de non xerar residuos plásticos. 

É complicado, sabémolo pero imos tentalo, valoramos e agradecemos o voso esforzo. Mil grazas!

Sería xenial se compartides fotos e ideas deste necesario reto medioambiental nos seguintes medios:

 A Xunqueira Pontevedra (facebook)

 cxunque2 (instagram)

 



story | by Dr. Radut