Skip to Content

                                                                                                                                                     

 

ADMISIÓN CURSO 2023/24

Do 1 ao 20 de marzo de 2023.

Recordamos que o período de admisión comeza o  1 de marzo e comprende ata o 20 deste mes. As solicitudes pódense presentar a través dos seguintes métodos:

a) Presentación da solicitude (impreso ED550B) no centro cuberta a man ou cuberta e impresa a través da aplicación: Admisión alumnado.

b) Presentación a través da Sede Electrónica. 

documentación a aportar xunta coa solicitude é a seguinte:

1. Documento acreditativo de idade do alumno (DNI, Libro de familia...)

2. Para todos, excepto os nenos de 3 anos, certificado de matrícula do curso actual.

3. De ser o caso, sentenza xudicial de separación ou divorcio onde conste a custodia do menor. No caso de guardia e custodia compartida, a solicitude deberá vir firmada polos dous proxenitores.

 

presentación a través da Sede Electrónica implica tamén a presentación da documentación anteriormente citada, incluíndo neste caso, un escanado/fotografía/etc das firmas manuscritas que deben constar no Anexo II bis de tódolos membros computables da unidade familiar, a excepción do proxenitor que asina a través da Sede Electrónica. No caso dos menores de idade deberá a firma ser dun dos proxenitores.

 



story | by Dr. Radut