Skip to Content

                                                                                                                                                     

 

Articles

RESOLVENDO ENIGMAS NA BIBLIO

Esta semana Fervelliño propúxolle aos rapaces a actividade de resolver uns misterios baseandose no libro de Victor Escandell,"Enigmas de misterio".

Foron pequenos detectives que utilizaron a súa lóxica, a creatividade e o inxenio para resolver misterios moi díficiles.En parellas en grupo ou de forma individual xogaron a ser detectives.O que non lles gustaba moito  era que  tiñan que agardar ao remate do recreo para saber as repostas.

A actividade foi tan satisfactoria que temos que prolongala unha semana máis.

Moi ben rapaces!!! 

 

Álbum: CURSO 2023/2024 -> Resolvendo enigmas na biblio

CELEBRANDO O DÍA DE ROSALÍA

O venres 23 de febreiro homenaxeamos a Rosalía intercambiando flores e poemas entre os rapaces. Nas diferentes tutorías elaboraron unhas rosas preciosísimas cuns versos da homenaxeada no seu interior.

Os rapaces marcharon para as súas casas acompañados das verbas de Rosalía.

 

Álbum: CURSO 2023/2024 -> Celebrando o día de Rosalía

CLUBS DE LECTURA

Aquí temos aos rapaces de 6º nos clubs de lectura,disfrutando da lectura de tres libros clásicos da literatura galega e castelá.Por un lado temos; o libro de Agustín Fernández  Paz "Contos por palabras", o de Roald Dahl "Matilda" e o de Gianni Rodari "Juego de palabras".

Nos encontros que tivemos, aparte de falar dos libros, decidiron poñerse un nome aos seus clubs e facer un marcapáxinas,e así temos a 6ºA co nome de "Devoradores de libros" e a 6ºB  co nome de "Os piratas dos libros".

As charlas sobre os libros foron moi amenas e dulces xa que tiñamos uns chocolates para endulzar as nosas aportacións.

Seguirémosvos informando.

Álbum: Sen categoría -> Clubs de lectura

Bibliopatio

 Rapaces,temos outro recuncho para disfrutar da lectura.

No patio cuberto os profes de EF,Iago e Marcos, fixéronnos unha biliocasiña, onde podemos coller libros e disfrutar deles mentras estamos no patio.

Moitas grazas profes!!!!

Screenshot_20231216_193413.jpg

Álbum: CURSO 2023/2024 -> Bibliopatio

A biblio ten moita vida

Nos tempos de lecer a biblo enchese de cativos lendo,fedellando no curruncho dos xogos ou buscando información nos portátiles para os seus traballos.

É un momento de disfrúte.

Álbum: CURSO 2023/2024 -> A nosa biblio ten vidilla

25 N

No centro gritamos... NON máis violencia e SÍ máis  palabras de amor mediante as historias dos libros da biblioteca e das diferentes actividades.Palabras chave: Biblioteca

Álbum: CURSO 2023/2024 -> 25 N

SEMANA DA CIENCIA

Esta semana os rapaces de 6º foron uns científicos de premio Nobel.Foron polas clases ensinando e explicando que a ciencia non é maxia, todo ten a súa explicación

Moitas grazas rapaces. 

 

Álbum: CURSO 2023/2024 -> EXPERIMENTOS NA SEMANA DA CIENCIA

CONTOS DE MEDO NO SAMAÍN

Chegou o Samaín e a biblioteca encheuse de contos de medo.Pais  e nais do centro  viñeron a contarnos historias terroríficas.

Grazas pola vosa colaboración .

 

Álbum: 6ºEI (5 anos) -> Contos de medo

FINA CASALDERREY INAUGURA A NOSA BIBLIOTECA

 O martes 24 de outubro, tivo lugar no colexio a inauguración da nova biblioteca.Asistíu como invitada de honra  a  escritora Fina Casalderrey.

No  acto  Fina Casalderrey interaccionou co público e relatou varias das súas historias,algunha delas vinculadas ao noso centro e a zona onde nos atopamos.

Alguns rapaces participaron no acto ofrecéndolle as súas composicións e debuxos.

Coa expresividade que a caracteriza, animou aos rapaces a usar a Biblioteca como centro de lecer e fonte de pracer coa lectura ou coa animación de autores, ilustradores, contacontos, etc. Fina enamorou aos rapaces cos seus relatos cheos de experiencias persoais

 A Biblioteca inaugúrase nun espazo novo,o salon de actos.Fervelliño está encantado de ter un novo sitio onde disfrutar dos libros cos cativos.Contamos con amplos espazos:zona de creación e xogo, radio,polo creativos, zona para os mais cativos,zona de libros de consulta...

Para finalizar o acto, Fina Casalderrey asinou  no libro de visitas e firmou os libros que os rapaces trouxerosn da súa biblioteca persoal.

Grazas Fina IMG_E5610.JPG

Álbum: ACTIVIDADES DO CENTRO -> ACTIVIDADES NA BIBLIO

25 N

No centro gritamos... NON máis violencia e SÍ máis  palabras de amor.

Álbum: CURSO 2023/2024 -> 25 N


Imaxe aleatoria

Maios

by Dr. Radut