Skip to Content

                                                                                                                                                     

 

Articles

Lectura intercentros entre: EOI Pontevedra-Xunqueira 2

 A semana de celebracións con motivo do 23 de Abril iniciouse co proxecto chamado "Every student has a voice" onde colaboramos coa escola de idiomas de Pontevedra na lectura de contos. O luns,martes e xoves en horario lectivo algúns dos alumnos da EOI léronlle contos aos nenos de infantil, 1º e 2º ciclo.Así mesmo os rapaces de 4º foron os luns pola tardiña a lerlle uns contos a un grupo de alumnos da EOI.

A experiencia foi moi enriquecedora,os nenos esforzaronse moito na preparaciñon das súas lecturas.Como resposta ao seu traballo  tiveron agasallos pola súa participación.

Seguro que o próximo curso repetimos.

 

 

 Bo traballo rapaces!!!SEMANA DO LIBRO NA XUNQUEIRA 2<br>WhatsApp Image 2024-04-28 at 21.49.18<br>

Álbum: CURSO 2023/2024 -> SEMANA DO LIBRO NA XUNQUEIRA 2

EXPOSICIÓN DE LIBROS DE POESÍA

Álbum: CURSO 2023/2024 -> EXPOSICIÓN DE LIBROS DE POESÍA

PACO NOGUEIRAS VISITA A NOSA BILIOTECA

 Que sorte tiveron os cativos de infantil!!. Paco Nogueiras veu cantarlles aos rapaces as cancións do seu novo traballo adicado aos animais. Os nenos estiveron moi atentos e cantaron ao ritmo do ukelele e do acordeón.

Grazas Paco por visitar a nosa biblio e  enchela de notas musicais e verbas en galego para que os nosos cativos disfruten coa nosa lingua.

Álbum: CURSO 2023/2024 -> PACO NOGUEIRAS NA NOSA BIBLIOTECA

21 DE MARZO DÍA DA POESÍA

O xoves 20  e o venres 21 os rapaces dos quintos andiveron recitando poesía polas aulas do centro.Escolleron autores como: Antonio García Teijeiro,Mar Benegas,Luz Beloso,Fina Casalderrei, Aitana ...

Durante os recreos prepararon as súas poesías como se fosen pompas de xabón que saían das súas voces intentando darlle vida as verbas dos versos.

Fixeronno moi ben.

Grazas rapacas polo voso traballo !!!WhatsApp Image 2024-04-01 at 20.50.56

 

Álbum: CURSO 2023/2024 -> 21 MARZO DÍA DA POESÍA

VICHES ESTA MULLER?

Os rapaces de 6º participaron no proxecto "Viches a esta muller?" que consiste en atopar datos importantes de mulleres máxicas da nosa sociedade e plasmalo nun documento que logo será exposto polos corredores.

As fontes que utilizaron foron os libros da sección de biografía da biblioteca e  internet.

Un traballo moi satisfactorio para os rapaces.

 

 
Álbum: CURSO 2023/2024 -> VICHES ESTA MULLER?

EXPOSICION SOBRE LIBROS DE MULLERES IMPORTANTES

Xa tendes listo os libros sobre algunhas das mulleres importantes e máxicas da nosa sociedade.

Espero que vos guste!!!!

Álbum: CURSO 2023/2024 -> Exposición de libros 8M

CELEBRANDO O DÍA DAS MULLERES MÁXICAS DO 8 M

Este mes de marzo empezamos reivindicando a labor da muller na nosa sociedade.

O proxecto consistíu en elaborar uns acrósticos  cos nomes de mulleres importantes, máxicas.Cada nivel traballou sobre a vida dunha muller,en total foron 15 vidas de mulleres que se trballaron,dende  escritoras como Fina Casalderrey ata mestras como Nene  González ou deportistas como Teresa Portela ou Teresa Abelleira.As pancartas adornan hoxe os corredores e as paredes do noso centro. 

Un gran traballo en equipo!!

 

 

O álbum elixido (aid = 155) non ten ninguha imaxe, ou non é público!

VISITA DE RAQUEL QUEIZAS

O xoves visitounos a contacontos Raquel Queizas.Trouxonos unhas historias azuis moi especiais creadas por ela mesma e en colaboración coa Asocoación de nenos e nenas con diabetes de Galicia,Anedia, co obxetivo de integrar a diabetes nas escolas.

A través deste espectáculo intentase dar a coñecer a diabetes dunha  forma lúdica e educativa para poder enfrentarse todos xuntos a unha doenza cada vez máis habitual.Os rapaces participaron da actividade concienciandose da problemática.

 

Graciñas Raquel

Historias azuis con Raquel Queizás

 

Álbum: CURSO 2023/2024 -> VISITA DE RAQUEL QUEIZAS

OS MAGOS DA XUNQUEIRA 2

Os magos da Xunqueira 2" e o nome do proxecto que fixeron os rapaces do colexio para participar no Salón do Libro.

Este ano cumple 25 anos de vida, 25 anos de actividades fomentando a lectura e a creación literaria.Un salón que este ano quixo dedicarllo a Maxia e así os nosos rapaces fixeron unha baralla de cartas cargada de trucos de maxia,de nenos xigantes e rapaces diminutos, de andar polas nubes a pasar polo deserto.....así son os nosos nenos de Magos e feiticeiros.

 

Álbum: CURSO 2023/2024 -> OS MAGOS DA XUNQUEIRA 2

VISITA DE ORBIL,A MASCOTA DO SALÓN DO LIBRO

O salón do libro a piques de comezar e Orbil sacou un tempiño da súa apretada axenda para visitarnos e darnos a grazas por participar no Salón do libro.

Este ano a temática escollida é a maxia e así de máxico apareceu polas clases Orbil, as cariñas de sorpresas dos nenos houbo que mortalizalas nas fotos que lles sacamos.Os máis cativos hasta tiveron tempo para facerlle uns debuxiños cheos de amor.

Grazas Orbil,volve cando queiras.

Álbum: CURSO 2023/2024 -> VISITA DE ORBIL AO COLEXIO


Imaxe aleatoria

Listaxe definitiva admitidos e non admitidos fondo libros

by Dr. Radut