Skip to Content

 

Radio Música XUNCO

FINA CASALDERREY INAUGURA A NOSA BIBLIOTECA

 O martes 24 de outubro, tivo lugar no colexio a inauguración da nova biblioteca.Asistíu como invitada de honra  a  escritora Fina Casalderrey.

No  acto  Fina Casalderrey interaccionou co público e relatou varias das súas historias,algunha delas vinculadas ao noso centro e a zona onde nos atopamos.

Alguns rapaces participaron no acto ofrecéndolle as súas composicións e debuxos.

Coa expresividade que a caracteriza, animou aos rapaces a usar a Biblioteca como centro de lecer e fonte de pracer coa lectura ou coa animación de autores, ilustradores, contacontos, etc. Fina enamorou aos rapaces cos seus relatos cheos de experiencias persoais

 A Biblioteca inaugúrase nun espazo novo,o salon de actos.Fervelliño está encantado de ter un novo sitio onde disfrutar dos libros cos cativos.Contamos con amplos espazos:zona de creación e xogo, radio,polo creativos, zona para os mais cativos,zona de libros de consulta...

Para finalizar o acto, Fina Casalderrey asinou  no libro de visitas e firmou os libros que os rapaces trouxerosn da súa biblioteca persoal.

Grazas Fina IMG_E5610.JPG

Álbum: ACTIVIDADES DO CENTRO -> ACTIVIDADES NA BIBLIO


album | by Dr. Radut