Skip to Content

                                                                                                                                                     

 

Articles

FINA CASALDERREY INAUGURA A NOSA BIBLIOTECA

 O martes 24 de outubro, tivo lugar no colexio a inauguración da nova biblioteca.Asistíu como invitada de honra  a  escritora Fina Casalderrey.

No  acto  Fina Casalderrey interaccionou co público e relatou varias das súas historias,algunha delas vinculadas ao noso centro e a zona onde nos atopamos.

Alguns rapaces participaron no acto ofrecéndolle as súas composicións e debuxos.

Coa expresividade que a caracteriza, animou aos rapaces a usar a Biblioteca como centro de lecer e fonte de pracer coa lectura ou coa animación de autores, ilustradores, contacontos, etc. Fina enamorou aos rapaces cos seus relatos cheos de experiencias persoais

 A Biblioteca inaugúrase nun espazo novo,o salon de actos.Fervelliño está encantado de ter un novo sitio onde disfrutar dos libros cos cativos.Contamos con amplos espazos:zona de creación e xogo, radio,polo creativos, zona para os mais cativos,zona de libros de consulta...

Para finalizar o acto, Fina Casalderrey asinou  no libro de visitas e firmou os libros que os rapaces trouxerosn da súa biblioteca persoal.

Grazas Fina IMG_E5610.JPG

Álbum: ACTIVIDADES DO CENTRO -> ACTIVIDADES NA BIBLIO

Susana Rodríguez Gacio

O alumnado de quinto quixo homenaxear a Susana Rodríguez Gacio neste día internacional da muller e Susana mandoulles estas bonitas verbas.

 

 

 

O teu navegador non soporta este vídeo.

RECOMENDACIÓNS LITERARIAS PARA ESTE NADAL

Álbum: CURSO 2023/2024 -> Chegou o nadal a Biblioteca

25 N

No centro gritamos... NON máis violencia e SÍ máis  palabras de amor.

Álbum: CURSO 2023/2024 -> 25 N

Lecturas recomendadas

Día do libro

Libros, libros, libros, libros, libros, adoro os libros!!

Os grandes, os pequenos, os gordos, os delgadiños, de misterio, de animais, de princesas, de risas, os de cores, os que non teñen debuxos, os que teñen moitas letras,... todos! Me gustan todos!! Por iso, estou tan contento, porque toca celebrar o día do libro. Mirade cantas cousiñas fixemos no cole (pinchade nos enlaces): 

- Investigamos o por que da celebración do día do libro o 23 de abril

- Investigamos ditos e refráns sobre a lectura: foto A, foto B.

- Redactamos frases para animar a ler a todo o mundo: 1ºA, 1º B, 2º A e 2º B

- Os rapaces e rapazas de 5º elaboraron carteis e un mural sobre os dereitos dos libros. 

- Os pequenos e pequenas de Educación Infantil traballaron a Lenda de San Xurxo e o dragón. Tamén fixeron marcapáxinas e unhas maquetas chulísimas sobre a historia. 

- Os chicos e chicas de primaria fixeron unha lectura colectiva de "O Quixote"

 Día do libro

Salón do libro

 

Marzo, mes da poesía.

 

E os nenos e nenas encheron de poesía o cole...

Podédes velo aquí!

NOVIDADES DE LECTURAS

Ola a todos!!

Temos máis novidades neste segundo trimestre. 

Anímate a coñecelas...

 

DÍA DE ROSALÍA

O 24 de Febreiro celebramos o Día de Rosalía.

Fixemos moitas actividades, aquí tedes unha mostra:

DÍA DE ROSALÍA



Imaxe aleatoria

Maios

by Dr. Radut