Skip to Content

                                                                                                                                                     

 

blogue defervelliño

ROSALÍA DE CASTRO

Día do libro

Libros, libros, libros, libros, libros, adoro os libros!!

Os grandes, os pequenos, os gordos, os delgadiños, de misterio, de animais, de princesas, de risas, os de cores, os que non teñen debuxos, os que teñen moitas letras,... todos! Me gustan todos!! Por iso, estou tan contento, porque toca celebrar o día do libro. Mirade cantas cousiñas fixemos no cole (pinchade nos enlaces): 

- Investigamos o por que da celebración do día do libro o 23 de abril

- Investigamos ditos e refráns sobre a lectura: foto A, foto B.

- Redactamos frases para animar a ler a todo o mundo: 1ºA, 1º B, 2º A e 2º B

- Os rapaces e rapazas de 5º elaboraron carteis e un mural sobre os dereitos dos libros. 

- Os pequenos e pequenas de Educación Infantil traballaron a Lenda de San Xurxo e o dragón. Tamén fixeron marcapáxinas e unhas maquetas chulísimas sobre a historia. 

- Os chicos e chicas de primaria fixeron unha lectura colectiva de "O Quixote"

 Día do libro

Marzo, mes da poesía.

 

E os nenos e nenas encheron de poesía o cole...

Podédes velo aquí!

NOVIDADES DE LECTURAS

Ola a todos!!

Temos máis novidades neste segundo trimestre. 

Anímate a coñecelas...

 

DÍA DE ROSALÍA

O 24 de Febreiro celebramos o Día de Rosalía.

Fixemos moitas actividades, aquí tedes unha mostra:

DÍA DE ROSALÍA

A CAIXA DAS APERTAS

Na semana do 14 de febreiro, metimos nunha caixa todas as apertas que temos gardadas para cando as poidamos dar. 

A Caixa das Apertas

ENTROIDO

Ola amiguiños e amiguiñas:

Este ano o Entroido foi un pouco diferente, celebrámolo nas aulas e aínda que non puidemos compartir as merendas, pasámolo xenial!

 

Entroido 2021

Video Entroido 2021 Ceip A xunqueira 2

https://www.youtube.com/watch?v=2RoRpQy0jJY

Entroido 2021

https://www.youtube.com/watch?v=g1JhOhZBzBk&t=33s

Video Entroido Alumnos 6º infantil CEIP A Xunqueira 2

Día da Paz

Ola amiguiños e amiguiñas:

Estos días estivemos traballando no cole “A Paz”. Todos os cursos prepararon os seus traballos para poñelos en común. Acordamos facer unha reunión virtual por Webex dende todas as aulas ás 12:00 do día 29  de xaneiro.

En algúns cursos de Educación Primaria se traballaron biografías de persoas que loitaron pola Paz dende distintos eidos:

Wangari Maatari, Rosa Parks, Martin Luther King, Nelson Mandela e Malala.

Tamén se fixeron bailes e cancións pola Paz. Outros cursos de Primaria traballaron vocabulario relacionado co tema, con debuxos que ían explicando durante a conexión.

En Educación Infantil, traballaron coa seguinte bibliografía:

- “Wangari y los árboles de la Paz. Una historia verdadera”, facendo un diorama e un vídeo de como o elaboraron. Alumnado de 6º de E.I.

-“O nacemento do dragón”, relatado polo alumnado de 5º A e B de E.I.

-“Wangari e as árbores da Paz”, vídeo do conto relatado polo alumnado de  4º de E.I.B.

-“O principiño”, diorama sobre o tema da Paz en este libro. Alumnado de 4º de E.I.A.

 

Pincha nos enlaces para ver un resumo das actividades:

                Educación Infantil                                     Educación Primaria

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut