BENVIDA AO CURSO 2024-2025

Benvidas e benvidos deportistas á vila olímpica de Xuño.

Arrinca un curso no que imos aprender moito deste movemento mundial, pero tamén a superar as dificultades como fan os bos e boas deportistas, sen rendirse, tentándoo unha, outra e outra vez.

Neste cole todos e todas somos olímpicos. No deporte, coma no cole cabemos todos e todas.

REVISTA DIXITAL · 2023-2024

Estimadas familias:

Este curso puxemos en marcha a revista dixital do colexio: "Caderno de viaxe" na que facemos unha viaxe por algunhas das actividades que se fixeron cos nenos e nenas durante o curso 2023/24.

Agardamos que vos guste.

Clica nas ligazóns para acceder á Revista Dixital

 

CARTA DE DESPEDIDA DE CANDELA · 2024

O luns 17 de xuño, chegou a carta de despedida da nosa mascota da biblioteca Candela.

Bo verán.

LIBROS DE TEXTO · CURSO 2024-25

XORNADA DE XOGOS DE MESA

O venres 14 de xuño, todo o alumnado do centro participou na Xornada de Xogos de Mesa 2024 que foi impartida pola tenda Chafarís de Santiago de Compostela.

Clica na foto para acceder ao álbum de imaxes da actividade

https://www.chafaris.es/gl/

ACTIVIDADE INTERXERACIONAL · 2024

O xoves 13 de xuño, o alumnado de 5º e 6º EP participou na Actividade Interxeracional impartida pola terapeuta ocupacional do Centro de Día de Porto do Son Nerea Teira, para commemorar o Día Mundial de toma de Conciencia do Abuso e Maltrato na Vellez e para concienciar os máis novos desta problemática.

Clica na foto para acceder ao álbum de imaxes da actividade

EXCURSIÓN A MARCELLE NATUREZA

O mércores 12 de xuño, o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria realizou unha excursión ao parque zoolóxico de Marcelle Natureza en Outeiro de Rei (Lugo), para aprender e coñecer máis sobre o medio natural e a vida dos animais.

Clica na foto para acceder ao álbum de fotos da actividade

 

MESA REDONDA CON EXALUMNADO DO CENTRO

O martes 11 de xuño, exalumnas e exalumnos do centro participaron nunha mesa redonda co alumnado de 5º e 6º EP para compartir as súas experiencias na ESO, nos ciclos e na universidade. Para aconsellar e orientar ao alumnado cara a nova etapa que agora comeza. E tamén para respostar ás súas incertidumes, inquedanzas, medos...  

Moitas grazas por colaborar connosco. Moita sorte.

Clica na foto para acceder ao álbum de imaxes da actividade

 

SAÍDA DIDÁCTICA: MUSEO DE PONTEVEDRA

O venres 7 de xuño, o alumnado de Educación Infantil, 3º e 4º de Educación Primaria realizaron unha saída didáctica a Pontevedra para visitar o Museo de Pontevedra e xantar no Lago Castiñeiras.

Clica foto para acceder ao álbum de imaxes da actividade

A XANELA DO MAXÍN: SORPRESA

O mércores 5 de xuño, o alumnado de Educación Infantil, 1º, 2º e 3º de Educación Primaria participou na actividade de contacontos Sorpresa impartida por A Xanela do Maxín para celebrar o 5 de xuño como Día Mundial do Medioambiente.

Esta actividade está enmarcada no Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares do centro.

Clica na foto para acceder ao álbum de imaxes da actividade

 

Distribuir contido