INSTRUCCIÓNS PARA A RESERVA DE PRAZAS EN CENTROS DE ADSCRICIÓN.
O prazo de presentación de solicitudes será desde O 16 DE XANEIRO ATA O 6 DE FEBREIRO DE 2023.
O alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro de orixe ou a través da aplicación "admisionalumnado" na dirección web que se enlaza a continuación, http://www.edu.xunta.es/admisionalumnado o formulario normalizado ED550A que se publica como Anexo I da Orde do 21 de outubro de 2022.
Enlace ao formulario normalizado premendo ED550A
Información sobre a reserva de prazas ás familias aquí
O formulario normalizado será facilitado gratuitamente no centro educativo e tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de galicia, na aplicación "admisionalumnado", e na páxina web da consellería de educación.
A DOCUMENTACIÓN ENTREGARASE NA TITORÍA ÁS RESPECTIVAS TITORAS/TITOR NO PRAZO INDICADO