INFORMACIÓN SOBRE A SITUACIÓN COVID-19 E A VOLTA ÁS AULAS
Estimadas familias. No CEIP Wenceslao Fernández Flórez, estamos a traballar para que a volta as aulas dos vosos fillos/as sexa o máis segura posible; para isto na nosa páxina web habilitamos un menú con toda a información sobre o COVID-19. Aquí poderedes atopar todos os documentos que establecerán a organización e funcionamento do centro nesta situación e as novas e información importante nesta volta ás aulas.
Nestes primeiros días de setembro estableceranse directrices sobre reunións, horarios, materiais e outras informacións de interese. Pregamos as familias que lean os documentos e agradecemos a súa colaboración nesta situación especial.