REGRESAMOS O XOVES 10 E O VENRES 11 DE SETEMBRO
Estimadas familias.
Xa está elaborado o borrador do Protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19 para o noso centro.
Na vindeira semana será revisado polos membros do Claustro e do Consello Escolar.
O protocolo definitivo expoñerémolo nesta web na 1ª semana de setembro para compartilo con toda a Comunidade Educativa.
Regresamos as aulas o xoves 10 e o venres 11 de setembro. Información da Consellería 31/8/20
Daremos a coñecer as instrucións para o inicio do curso.
IMPORTANTE:
a) O aforo da actividade da Biblioteca das tardes quedará reducido ao 50% como indica a normativa publicada no protocolo da Consellería de Educación. Serán comunicados os admitidos/as.
b) Recoméndase as familias dos alumnos/as que teñen adxudicada unha praza no comedor escolar que fagan uso dela nos casos estrictamente necesarios. Impreso de renuncia (pode enviarase a través do correo electrónico ou deixarase no buzón do colexio) Este impreso implica a renuncia para todo o curso escolar 2020/21. Non se pode facer uso do comedor en días alternos.
Un saúdo.
O Equipo Directivo.