Actividades Jclic

JCLIC COAS ILUSTRACIÓNS DE LEANDRO LAMAS

Dentro do proxecto de investigación do centro "Arte en Galicia", o alumnado de Educación Infantil está coñecendo a obra do pintor Leandro Lamas, empregando entre outros recursos o libro "Poemas con piruleta" que conta coas súas ilustracións.

O equipo TIC - Abalar do cole elaborou este paquete de actividades Jclic nas que se xoga coas ilustración do citado libro para que o alumnado traballe a súa memoria e poña en práctica a súa capacidade para facer quebracabezas.

 Pica na imaxe para abrir a actividade

ACTIVIDADES JCLIC.CURSO13/14

Actividade Jclic sobre os Dereitos dos nenos e das nenas para comprobar o aprendido na presentación "COÑECENDO OS NOSOS DEREITOS".

Os debuxos foron realizados polo alumnado do centro.

Pica na imaxe para abrir a actividade

Actividade Jclic sobre o pintor Dalí realizada polo equipo TIC- Abalar como complemento do proxecto de investigación realizado polo alumnado de Educación Infantil de 3 e 4 anos.

Pica na imaxe para abrir a actividade

Actividade Jclic sobre o pintor Vangoh realizada polo equipo TIC- Abalar como complemento do proxecto de investigación realizado polo alumnado de Educación Infantil de 5 anos.

Pica na imaxe para abrir a actividade

ACTIVIDADES JCLIC CURSO 2012/2013

O equipo TIC - ABALAR creou dous paquetes de actividades Jclic, ambos relacionados con proxectos de investigación realizados este curso polo alumnado.

Por unha banda temos o Jclic "Os planetas" baseado no proxecto de investigación do mesmo nome realizado polo alumnado de  EI 5 anos.

Pica na imaxe para abrir a actividade

E por outro lado temos o Jclic "Utensilios da cociña e da mesa" enmarcado dentro do proxecto de investigación "Descrifrando receitas" e baseado no dicionario do mesmo nome elaborado polo alumnado de 5º de primaria.

Pica na imaxe para abrir a actividade

ACTIVIDADES JCLIC CURSO 2011/2012

Este curso ao incorporarnos ao proxecto Abalar realizamos un PFAC que tivo como  temática a creación de actividades Jclic.

Este proxecto de formación deu como resultado estas novas actividades Jclic

 

Pica na imaxe para abrir a actividade


Pica na imaxe para abrir a actividade

ACTIVIDADES JCLIC CURSO 2010/2011

Neste curso recen rematado o Equipo TIC do noso centro elaborou tres paquetes de actividades Jclic para completar os proxectos de investigación realizados por distintos grupos de alumnos/as.

O primeiro deles emprega a información traballada polo alumnado de Educación Infantil no seu proxecto sobre o escritor "Valle - Inclán". Son actividades moi sinxelas de tipo visual, xa que están dirixidas aos nenos e nenas máis cativos do cole.

Pica na imaxe para abrir a actividade

O segundo paquete de actividades completa o proxecto de investigación sobre os vermes de seda, proxecto realizado polo alumnado de Educación Infantil 5 anos e de 1º B.

Pica na imaxe para abrir a actividade

Finalmente creamos un paquete de actividades sobre a música clásica que foi o tema central de todas as actividades realizadas este ano no noso cole. Este paquete de actividades divídese en dúas partes unha sobre compositores e as súas obras e outra sobre os instrumentos da orquestra.

Pica na imaxe para abrir a actividade

AS ARAÑAS ACTIVIDADES JCLIC

Baseado no proxecto de investigación sobre "As arañas", realizado polo alumnado de 4º de primaria, o equipo TIC elaborou unha serie de actividades Jclic nas que se traballan os contidos recollidos no citado proxecto.

Pica na imaxe para abrir a actividade

NOVAS ACTIVIDADES JCLIC: O CHOCOLATE, AS TARTARUGAS E O MILLO

As restantes actividades teñen como base os proxectos de investigación realizados por varios grupos do centro:

"O chocolate"; levado a cabo polo alumnado de Educación Infantil 5 anos.

Pica na imaxe para abrir a actividade

"As tartarugas"; realizado polos nenos e nenas de 1º de primaria.

Pica na imaxe para abrir a actividade

"O millo"; proxecto dos rapaces e rapazas de 3º de primaria.

Pica na imaxe para abrir a actividade

"El Cid Campeador"; adaptación do libro realizada por Monserrat del Amo foi leído polo alumnado de 5º.

Pica na imaxe para abrir a actividade

"El Lazarillo de Tormes"; adaptación do libro realizada por Concha López Narváez foi leído polo alumnado de 6º.

Pica na imaxe para abrir a actividade

FESTAS TRADICIONAIS

 En colaboración co equipo de Normalización Lingüística e o equipo TIC do CEIP Doutor Suárez ( Fornelos de Montes), elaboramos no curso 2007/2008 un conxunto de actividades no programa Javaclic coa finalidade de traballar tres das Festas Tradicionais da nosa comunidade.

A idea surxiu debido a dificultade que tivemos para atopar na rede elementos cos que traballar as nosas Festas.

No primeiro trimestre elaboramos a actividades dedicada ao "Magosto", no segundo trimestre centrámonos no "Entroido" e rematomos no terceiro coa celebración dos "Maios".

Cada un dos paquetes de actividade elaborados pode ser traballado dende Educación Infantil ata o terceiro ciclo de Primaria xa que as actividades atópanse divididas en catro niveis ( EI, e cada un dos ciclos de EP) segundo a súa dificultade.

As actividades propostas son: crebacabezas, xogos de memoria, sopas de letras, encrucillados, xogos de asociación, actividades de información, exercicios de comprensión, series...

ACTIVIDADES MAGOSTO

Pica na imaxe para abrir a actividade

ACTIVIDADES ENTROIDO

Pica na imaxe para abrir a actividade

ACTIVIDADES MAIOS

 

Pica na imaxe para abrir a actividade

PROXECTO PICASSO

 No curso 2007/2008 o alumnado de Educación Infantil 5 anos fixo un proxecto de investigación sobre "Picasso", o equipo TIC colaborou con eles creando actividades clic coas que traballar algúns dos elementos traballados en dito proxecto.

As actividades dividíronse en tres categorías: biografía do pintor, etapas pictóricas e o Guernica.

Inclúense: crebracabezas con imaxes  dos cadros de Picasso, buscar a parella do cadro, encher ocos coa información correcta, situar no mapa a cidades onde viviu o pintor, encrucillados e sopas de letras nas distintas categorías, identificación dos nomes do pintor, títulos de cadros e cidades, situar elementos no Guernica, asociar elementos...

Pica na imaxe para abrir a actividade

INFORMACIÓN PROXECTO PICASSO

HÁBITOS SOCIAIS

No curso 2007/2008 elaboramos un paquete de actividades clic sobre os "Hábitos sociais" que conxuntamente cunha presentación ppt sobre o mesmo tema forman parte do proxecto de convivencia do centro.

Na presentación incluíronse os hábitos sociais que queriamos traballar co alumnado: saúdos e despedidas, pedir e ofrecer, dar as grazas...

O conxunto de actividades clic buscaban consolidar os hábitos traballados coa presentación e incluimos: sopas de letras, crebracabezas, encrucillados, actividades de relación...

Pica na imaxe para abrir a actividade

DESCARGAR PRESENTACIÓN CONVIVENCIA

Distribuir contido