Axudas e fondo libros

AXUDAS MUNICIPAIS Á ESCOLARIZACIÓN EN EDUCACIÓN INFANTIL. CURSO 2019/2020

O concello de Vilagarcía de Arousa ten aberto o prazo de solicitude das axudas á escolarización en Educación Infantil para o curso 2019/2020.

Como novidade desta convocatoria hai dous prazos de presentación das solicitudes:

- Do 10 ao 28 de Xuño de 2019

- Do 2 ao 16 de Setembro de 2019

A axuda é de 60 euros para a compra de material escolar.

A solicitude desta axuda realízase no concello.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2019/2020

RESUMO DO FONDO E DAS AXUDAS

Axuda para a adquisición de libros do alumnado de 1º e 2º de Primaria

  • Renda per cápita igual ou inferior a 5.400 €; vale de libros 170 €
  • Renda per cápita igual ou inferior a 9.000 €; vale de libros de 90 €

Fondo solidario de libros para o alumnado de 3º e 4º de Primaria

Pode ser solicitada por todo o alumnado que vai a cursar 3º e 4º de primaria o vindeiro curso 2019/2020 independentemente da renda per cápita familiar. A asignación realizarase en orde inversa á renda familiar per cápita ata que se esgoten as existencias do fondo. Garantindo sempre un mínimo de 6 libros para o alumnado cunha renda per cápita igual ou inferior a 5.400 € e un mínimo de 4 libros para o alumnado cunha renda per cápita igual ou inferior a 9.000 €.

Para poder ser beneficiario do fondo solidario, o alumnado que cursou 3º e 4º debe devolver os libros recibidos no fondo no curso 2018/2019 antes do 21 de xuño.

Alumnado de 5º e 6º de Primaria

Libros dixitais do proxecto Edixgal.

Alumnado con necesidades específicas de apoio educativo que empreguen libros e materiais didácticos específicos.

  • Renda per cápita igual ou inferior a 5.400 €; vale de libros 170 €
  • Renda per cápita igual ou inferior a 9.000 €; vale de libros de 90 €

Axudas para a adquisición do material escolar

  • Renda per cápita igual ou inferior a 5.400 €; vale de material de 50 €

 

LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES

 As solicitudes presentaranse na secretaría do centro en horario de 11:30 a 12:30 ata o 21 de xuño.

Cada familia presentará unha única solicitude para todos os fillos/as.

Tamén poden ser presentadas mediante a Sede Electrónica da Xunta, segundo o recollido na Orde do 3 de maio de 2019 que regula esta convocatoria.

 

DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA A TRAMITACIÓN DAS SOLICITUDES

  • Anexos I e II debidamente cumplimentados e asinados.
  • Fotocopia do libro de familia onde figuren todos os membros computables a data 31 de decembro de 2017.
  • No caso de que o solicitante e/ou os restantes membros se opoñan á consulta de datos, deberán de indicalo nos apartados correspondentes e presentar: Fotocopia dos DNI dos membros da unidade familiar, fotocopia da renda do 2017, e se é o caso dertificado de discapacidade.

INFORMACIÓN RELATIVA AO FONDO SOLIDARIO E ÁS AXUDAS PARA ADQUISIÓN DE LIBROS DE TEXTO E DE MATERIAL ESCOLAR.

LISTADO ADXUDICACIÓN FONDO LIBROS 2018/2019

No seguinte enlace pódense consultar as listaxes das solicitudes admitidas do Fondo Libros para o curso 2018/2019.


As reclamacións a mesma poden realizarse no centro o Venres 13 e o Luns 16 de 10:30 a 13:00.

 

LISTAXES PROVISIONAIS DE SOLICITUDES ADMITIDAS NO FONDO LIBROS 18/19

LISTAXES DEFINITIVAS DE SOLICITUDES ADMITIDAS NO FONDO LIBROS 18/19

Distribuir contido