Presentámonos

UN POUCO SOBRE NÓS

Estamos en Vilaxoán, concello de Vilagarcía de Arousa.  

 

 

 

 É Vilaxoán unha terra que vive fundamentalmente do mar, sendo esta unha das fontes de ingresos principais das familias do noso alumnado que se adican a mariscar, traballar nas bateas ou empregándose nas conserveiras da zona.

 E entre este arume salgado os máis pequenos acoden ao centro. O noso colexio foi inaugurado no 1979 e daquela estaba moi masificado.

 Na actualidade a nosa comunidade educativa é coma unha grande familia onde todos nos coñecemos, e durante uns anos compartimos espacios, actividades, ilusións e proxectos.

 O alumnado intégrase en tres aulas de Educación Infantil de 3, 4 e 5 anos e once aulas de Educación Primaria de 1º a 6º.  

CEIP VILAXOÁN

Licencia Creative Commons

Distribuir contido