Pedagoxía Terapéutica

DÍA MUNDIAL DO AUTISMO 2023

Dende o cole queremos celebrar o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo

AxúdoTE

AcompáñoTE

ApoioTE

Pica na imaxe para ver o vídeo

DÍA MUNDIAL DO AUTISMO 2022

Baixo o lema « Unha feliz viaxe pola vida», a campaña do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo 2022 pon o foco no dereito das persoas con trastorno do espectro do autismo (TEA) e as súas familias a gozar dunha vida feliz.

O  noso Colexio quere acompañarvos neste “ Feliz Viaxe”.

Charla sobre o autismo dirixida ao alumnado de 1º e 2º de Primaria e ao alumnado de Educación Infantil, impartida por unha nai do centro.

3 DE DECEMBRO; DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE 2021

O Día 3 de Decembro celebramos o Día Internacional das persoas con discapacidade.

Para que reflexionedes co voso alumnado sobre as cousas que poden ou non poden facer as persoas que teñen unha discapacidade deixámosvos este vídeo.

WE'RE THE SUPERHUMANS. RÍO 2016 PARALYMPIC

Tamén podedes ver esta presentación de diapositivas realizada polo alumnado de 6º coma homenaxe aos medallistas españois nos Xogos Paralímpicos de Tokio 2020.

Pica na imaxe para ver a presentación

Finalmente, por se queredes que os vosos alumnos e alumnas aprendan o que é espina bífida deixámosvos este conto narrado.

"LOS ZAPATOS DE MARTA"

3 DE DECEMBRO; DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE 2020

O Día 3 de Decembro celebramos o Día Internacional das persoas con discapacidade.

Se queredes traballar sobre o tema picade na imaxe para acceder o libro "Todos somos diferentes" de Erik e Anabel Cornago.

 

2 DE ABRIL 2019: DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

Dende o noso cole queremos sumarnos o 2 de Abril á celebración do Día Mundial de concienciación sobre o Autismo formando coas nosas mans o símbolo do infinito tal e como se amosa no seguinte vídeo.

Pica no "Infinito" para ver as nosas fotos facendo o símbolo.

Se queredes entender un pouco máis o Autismo podedes ver os seguintes vídeos:

3 DE DECEMBRO; DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Ao redor do 15% da poboación mundial vive con algún tipo de discapacidade.

O Día Internacional das persoas con discapacidade ten como obxectivo fomentar a súa integración na sociedade e promover a igualdade de oportunidades.

Dende o centro queremos aportar o noso gran de area sumándonos a esta conmemoración.

En relación co tema, alumnado de 6º creou unha presentación de diapositivas sobre os deportes paralímpicos. Se queres vela pica sobre a imaxe.

DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓNDO AUTISMO 2017

O 2 de Abril celébrase o Día Mundial de Concienciación do Autismo, dende o cole queremos unirnos a dita celebración e facilitar información que axude a comprender que é o Autismo.

 

AS ANPAS CELEBRAN O DÍA DE CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO

As ANPAS de Vilagarcía de Arousa uníronse na celebración do Día Mundial de concienciación do Autismo elaborando un vídeo no que se amosan a decoración dos colexios facendo alusión a esta data.

DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO 2016

Desde a adicación e o traballo diario para que a inclusión forme parte da realidade do noso centro, queremos unirnos á conmemoración do Día Mundial do Autismo ( 2 de Abril) enchendo de globos azuis os nosos corredores.

Tamén vos deixamos estes vídeos relacionados co tema.

ALMA

 

VISIBLES

 

ACADEMIA DE ESPECIALISTAS

CONMEMORACIÓN DO DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO 2015

Porque todos somos diferentes e a diferencia enriquécenos, o cole de Vilaxoán súmase á celebración do 2 de Abril como DÍA INTERNACIONAL DE CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO.

As imaxes empregadas no deseño deste cartel son pictogramas de ARASAAC

Para que coñezades un pouco máis sobre o autismo, deixámosvos a continuación un tríptico e varios vídeos.

TRÍPTICO SOBRE O AUTISMO

 

Vídeo para todo o alumnado de Educación Infantil e Primaria.

"Unha viaxe interestelar a través do autismo"


 

Vídeos para o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º.

"Meu irmanciño da Lúa"

 

"Por cuatro esquiniñas de nada"

 

Vídeos para o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º.

"Hugo, un amigo con Asperger"


Distribuir contido