3 DE DECEMBRO; DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Ao redor do 15% da poboación mundial vive con algún tipo de discapacidade.

O Día Internacional das persoas con discapacidade ten como obxectivo fomentar a súa integración na sociedade e promover a igualdade de oportunidades.

Dende o centro queremos aportar o noso gran de area sumándonos a esta conmemoración.

En relación co tema, alumnado de 6º creou unha presentación de diapositivas sobre os deportes paralímpicos. Se queres vela pica sobre a imaxe.