Dia da Muller

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 2024

Este ano para conmemorar o Día Internacional da Muller o alumnado de 4º, 5º e 6º participou nunha charla impartida por mulleres que realizan traballos que están vinculados ao mar.

Pica na imaxe para ver o vídeo

Convocamos o concurso de relatos por aulas "E ti, pensas en igualdade?" do que resoltou gañador o relato realizado polo alumnado de 2º titulado "UN COLE DE CORES"

Pica na imaxe para ver o conto

VER FOTOS UN COLE DE CORES

Ademais todo o alumnado do centro colaborou tecendo unha rede de vistosas cores.

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 2023

Para conmemorar o Día Internacional da Muller, ao longo de toda a semana fixemos diversas actividades no centro que podedes ver nestes vídeos.

Pica na imaxe para ver o vídeo

 

Pica na imaxe para ver o vídeo

RECOMENDACIÓNS DE VÍDEOS PARA O 8 DE MARZO

Vídeos recomendados para o alumnado de Educación Infantil e 1º, 2º e 3º de Educación Primaria

PRÍNCIPE CENICIENTO


 

ROSA CARAMELO

 

Vídeos recomendados para  4º, 5º e 6º de Educación Primaria

"POR EL PRINCIPIO"

CORTO GAÑADOR - COEDUCACIÓN PRIMARIA

 

IGUALDADE DE XÉNERO

 

DÍA DA MULLER 2019

O xoves 7 de marzo, adiantándonos un día á data oficial desta conmemoración, celebramos no cole o Día da Muller.

Nesta ocasión recibindo no cole a tres mulleres que teñen traballos que están vinculadas ao coidado do medio ambiente e á reciclaxe, temáticas do noso proxecto anual deste curso.

A técnico de emerxencia de Protección Civil Verónica Cores falounos de como temos que actuar en caso de incendio.

Maite Barral explicounos como realiza as súas creacións de bixutería, bolsos e outros complementos empregando material de refugallo.

A última intervención foi a da bióloga Agar Montes falounos dos plásticos e dos microplásticos que se atopan nos nosos mares e de como chegan ata nos a través da cadea alimenticia.

Antes de finalizar o acto, todas elas responderon moi amablemente as nosas preguntas.

Dende aquí queremos agradecerlles que compartirán con nos un pouco do seu tempo.

VER FOTOS DÍA MULLER 19

DÍA DA MULLER 18: MULLERES EMPRENDEDORAS

Este ano conmemoramos o Día da Muller o venres 9 de marzo cun día de atraso, recibindo no cole a catro mulleres emprendedoras cuxos traballos están relacionados coa actividade comercial.

- Silvia Rubianes propietaria dunha florería.

- Ángela De La Torre nutricionista

- Rocío Louzán comerciante e presidenta da asociación de comerciantes Zona Aberta.

- Teresa Brianes deseñadora de páxinas web e especialista en marketing.

Explicáronnos a súa actividade diaria no traballo e responderon ás nosas dúbidas e preguntas.

Aproveitamos esta nova para agradecerlles que aceptaran a invitación do cole e que compartirán con todos nos un pouco do seu tempo.

VER FOTOS DÍA MULLER 18

FARO DE VIGO: "ALUMNOS DEL COLEGIO DE VILAXOÁN ENTREVISTAN A CUATRO MUJERES EMPRENDEDORAS DE LA CIUDAD"

DÍA DA MULLER 17: A MULLER E A CIENCIA

Este ano para conmemorar o Día Internacional da Muller organizamos unha charla coloquio na que participaron mulleres que desempeñan traballos vinculado ao mundo da ciencia, tema no que estamos a traballar todo o cole este curso co noso proxecto Pequeciencia.

As nosas convidadas foron:

Covadonga Salgado, directora do instituto tecnolóxico para o control do medio mariño de Galicia.

Sandra Barca Bravo, bióloga no encoro de Castrogudín.

Nuria De La Torre, enóloga na bodega "Paco e Lola".

Sara González Porto, médica de cirurxía plástica e reparadora do Complexo hospitalario universitario da Coruña.

A charla comezou  coa explicación de como é o día a día destas mulleres no seu traballo facendo fincapé nos aspectos máis científicos. Posteriormente tiveron a amabilidade de contestar as nosas preguntas.

Dende a aquí queremos agradecer as catro a súa visita e que compartirán connosco a súa relación coa ciencia.

 

VER FOTOS MULLER 17

SAÍMOS NA TELE:

"OS NENOS DO CEIP DE VILAXOÁN APRENDEN SOBRE IGUALDADE ESCOITANDO A PROFESIONAIS"

DÍA DA MULLER 2016

Este 8 de Marzo quixemos conmemorar o Día Internacional da Muller organizando unha charla coloquio convidando a mulleres que traballan ou realizan actividades relacionadas coa arte, xa que esta é a temática do noso proxecto de investigación deste ano.

Contamos coa presenza de:

Viki Lis que ademais de ser nai de dúas das nosas compañeiras é actriz.

Lucía César, especialista en música tradicional galega.

Rocío Culler, pintora e innovadora en técnicas con papel.

Mar Barral, ceramista.

Todas elas contáronnos en que consiste o seu traballo, mostráronnos exemplos do mesmos e na última parte da charla contestaron ás nosas preguntas.

Ademais fixemos un mural sobre a igualdade á hora de repartir as tarefas na casa.

VER NOVA NO FARO DE VIGO

VER NOVA NA VOZ DE GALICIA

DÍA DA MULLER 2015

Este ano para conmemorar a Día Internacional da Muller Traballadora convidamos a tres mulleres que realizan traballos relacionados coa flora e a fauna, xa que esa é a temática da noso proxecto deste curso.

Ana que é veterinaria contounos como traballa na súa clínica e explicounos como debemos coidar aos animais.

Cristina que é pintora explicounos como pintar paisaxes.

Finalmente Lucía que é bióloga e traballa en ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza), explicounos en que consiste o seu traballo como educadora medioambiental e contounos outras actividades que realizou cos animais en traballos anteriores.

Tras as súas exposicións responderon moi amablemente a todas as nosas preguntas.

HISTORIA DO DÍA DA MULLER

Se queredes saber un pouco máis sobre o Día da Muller e a súa historia podedes facelo visualizando estes vídeos.

HISTORIA DÍA DA MULLER


HISTORIA 8 DE MARZO

DÍA DA MULLER 2014

O 7 de Marzo, cun día de adianto celebramos no cole o Día da Muller. Nesta ocasión contamos coa visita de:

Rocío, concelleira de Educación de Vilagarcía.

Vanesa, técnico de turismo que traballa no patronato Rías Baixas dependente da Deputación de Pontevedra.

Susana, periodista da Voz de Galicia.

Todas elas explicáronnos en que consiste o seu traballo diario e contestaron ás preguntas que lles fixemos.

Distribuir contido