DÍA DA MULLER 2019
O xoves 7 de marzo, adiantándonos un día á data oficial desta conmemoración, celebramos no cole o Día da Muller. Nesta ocasión recibindo no cole a tres mulleres que teñen traballos que están vinculadas ao coidado do medio ambiente e á reciclaxe, temáticas do noso proxecto anual deste curso. A técnico de emerxencia de Protección Civil Verónica Cores falounos de como temos que actuar en caso de incendio. Maite Barral explicounos como realiza as súas creacións de bixutería, bolsos e outros complementos empregando material de refugallo. A última intervención foi a da bióloga Agar Montes falounos dos plásticos e dos microplásticos que se atopan nos nosos mares e de como chegan ata nos a través da cadea alimenticia.
Antes de finalizar o acto, todas elas responderon moi amablemente as nosas preguntas. Dende aquí queremos agradecerlles que compartirán con nos un pouco do seu tempo. |