FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2024/2025
RESUMO DO FONDO E DAS AXUDAS Axuda para a adquisición de libros do alumnado de 1º e 2º de Primaria
Fondo solidario de libros para o alumnado de 3º e 4º de Primaria Pode ser solicitada por todo o alumnado que vai a cursar 3º e 4º de primaria o vindeiro curso 2024/2025 independentemente da renda per cápita familiar. A asignación realizarase en orde inversa á renda familiar per cápita ata que se esgoten as existencias do fondo. Garantindo sempre un mínimo de 6 libros para o alumnado cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 € e un mínimo de 4 libros para o alumnado cunha renda per cápita igual ou inferior a 10.000 €. Para poder ser beneficiario do fondo solidario, o alumnado que cursou 3º e 4º debe devolver os libros recibidos no fondo no curso 2023/2024 ata o 21 de xuño. Alumnado de 5º e 6º de Primaria Libros dixitais do proxecto Edixgal. Alumnado con necesidades específicas de apoio educativo que empreguen libros e materiais didácticos específicos.
Axudas para a adquisición do material escolar
LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES As solicitudes presentaranse na secretaría do centro en horario de 11:10 a 12:00 ata o 21 de xuño. Cada familia presentará unha única solicitude para todos os fillos/as. Tamén poden ser presentadas mediante a Sede Electrónica da Xunta, segundo o recollido na Orde do 7 de maio de 2024 que regula esta convocatoria (DOG 20 de Maio) . Neste caso é necesario presentar unha solicitude por cada alumno/a.
DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA A TRAMITACIÓN DAS SOLICITUDES
|