Actividades Jclic

JCLIC COAS ILUSTRACIÓNS DE LEANDRO LAMAS

Dentro do proxecto de investigación do centro "Arte en Galicia", o alumnado de Educación Infantil está coñecendo a obra do pintor Leandro Lamas, empregando entre outros recursos o libro "Poemas con piruleta" que conta coas súas ilustracións.

O equipo TIC - Abalar do cole elaborou este paquete de actividades Jclic nas que se xoga coas ilustración do citado libro para que o alumnado traballe a súa memoria e poña en práctica a súa capacidade para facer quebracabezas.

Se non ves ben o xogo pica aquí para abrilo nunha nova xanela.

 Para ver o xogo é necesario que o navegador teña instalado o plugin Java.

ACTIVIDADES JCLIC.CURSO13/14

Actividade Jclic sobre os Dereitos dos nenos e das nenas para comprobar o aprendido na presentación "COÑECENDO OS NOSOS DEREITOS".

Os debuxos foron realizados polo alumnado do centro.


Actividade Jclic sobre o pintor Dalí realizada polo equipo TIC- Abalar como complemento do proxecto de investigación realizado polo alumnado de Educación Infantil de 3 e 4 anos.

 

Para velo tes que picar na imaxe e entra como convidado.

ACTIVIDADES JCLIC CURSO 2012/2013

O equipo TIC - ABALAR creou dous paquetes de actividades Jclic, ambos relacionados con proxectos de investigación realizados este curso polo alumnado.

Por unha banda temos o Jclic "Os planetas" baseado no proxecto de investigación do mesmo nome realizado polo alumnado de  EI 5 anos.

 

E por outro lado temos o Jclic "Utensilios da cociña e da mesa" enmarcado dentro do proxecto de investigación "Descrifrando receitas" e baseado no dicionario do mesmo nome elaborado polo alumnado de 5º de primaria.

Os dous Jclic están na Aula Virtual do cole e podedes acceder a eles entrando como convidados tras picar na súa imaxe.

ACTIVIDADES JCLIC CURSO 2011/2012

Este curso ao incorporarnos ao proxecto Abalar realizamos un PFAC que tivo como  temática a creación de actividades Jclic.

Este proxecto de formación deu como resultado tres novas actividades Jclic que están a vosa disposición na Aula Virtual do centro.

 

Pica sobre as imaxes se queres facer as actividades.

Recordade que tedes que entrar como convidados.

ACTIVIDADES JCLIC CURSO 2010/2011

Neste curso recen rematado o Equipo TIC do noso centro elaborou tres paquetes de actividades Jclic para completar os proxectos de investigación realizados por distintos grupos de alumnos/as.

O primeiro deles emprega a información traballada polo alumnado de Educación Infantil no seu proxecto sobre o escritor "Valle - Inclán". Son actividades moi sinxelas de tipo visual, xa que están dirixidas aos nenos e nenas máis cativos do cole.

O segundo paquete de actividades completa o proxecto de investigación sobre os vermes de seda, proxecto realizado polo alumnado de Educación Infantil 5 anos e de 1º B.

Finalmente creamos un paquete de actividades sobre a música clásica que foi o tema central de todas as actividades realizadas este ano no noso cole. Este paquete de actividades divídese en dúas partes unha sobre compositores e as súas obras e outra sobre os instrumentos da orquestra.

Para realizar calquera destas actividades Jclic podes facelo na aula virtual do cole ou picando nos seguintes enlaces, en calquera dos casos non esquezas que debes entrar como convidado.

ACTIVIDADES JCLIC "VALLE - INCLÁN"

ACTIVIDADES JCLIC "LOS GUSANOS DE SEDA"

ACTIVIDADES JCLIC "A MÚSICA CLÁSICA"

AS ARAÑAS ACTIVIDADES JCLIC

Baseado no proxecto de investigación sobre "As arañas", realizado polo alumnado de 4º de primaria, o equipo TIC elaborou unha serie de actividades Jclic nas que se traballan os contidos recollidos no citado proxecto.

Se queres facer estas actividades debes picar na imaxe e non esquezas entrar como convidado.

NOVAS ACTIVIDADES JCLIC

 

Neste curso o Equipo TIC elaborou varias actividades JClic:

Dúas destas actividades van dirixidas ao alumnado de 3º ciclo de Primaria que ao longo do curso leron os libros " O Lazarillo" e " O Cid" en versións adaptadas a nenos. As actividades xiran entorno aos argumentos destes dous libros.

As restantes actividades teñen como base os proxectos de investigación realizados por varios grupos do centro:

"O chocolate"; levado a cabo polo alumnado de Educación Infantil 5 anos.

"As tartarugas"; realizado polos nenos e nenas de 1º de primaria.

"O millo"; proxecto dos rapaces e rapazas de 3º de primaria.

Para facer as actividades debes picar na súa imaxe e entrar como convidado

ACTIVIDADES JCLIC EDUCACIÓN INFANTIL

 O equipo TIC elaborou paquetes de actividades clic para traballar co alumnado de Educación Infantil.

Creamos: crebracabezas coas súas fotografías, marcar as letras que forman o seu nome, ordenar as letras do seu nome, unir fotografía e nome do alumno, buscar a parella dun nome e a parella da fotografía...

FESTAS TRADICIONAIS

 En colaboración co equipo de Normalización Lingüística e o equipo TIC do CEIP Doutor Suárez ( Fornelos de Montes), elaboramos no curso 2007/2008 un conxunto de actividades no programa Javaclic coa finalidade de traballar tres das Festas Tradicionais da nosa comunidade.

A idea surxiu debido a dificultade que tivemos para atopar na rede elementos cos que traballar as nosas Festas.

No primeiro trimestre elaboramos a actividades dedicada ao "Magosto", no segundo trimestre centrámonos no "Entroido" e rematomos no terceiro coa celebración dos "Maios".

Cada un dos paquetes de actividade elaborados pode ser traballado dende Educación Infantil ata o terceiro ciclo de Primaria xa que as actividades atópanse divididas en catro niveis ( EI, e cada un dos ciclos de EP) segundo a súa dificultade.

As actividades propostas son: crebacabezas, xogos de memoria, sopas de letras, encrucillados, xogos de asociación, actividades de información, exercicios de comprensión, series...

ACTIVIDADES MAGOSTO

ACTIVIDADES ENTROIDO

ACTIVIDADES MAIOS

 Para realizar as actividades debes picar na súa imaxe e entrar como convidado  

 

PROXECTO PICASSO

 No curso 2007/2008 o alumnado de Educación Infantil 5 anos fixo un proxecto de investigación sobre "Picasso", o equipo TIC colaborou con eles creando actividades clic coas que traballar algúns dos elementos traballados en dito proxecto.

As actividades dividíronse en tres categorías: biografía do pintor, etapas pictóricas e o Guernica.

 

Incluíanse: crebracabezas con imaxes  dos cadros de Picasso, buscar a parella do cadro, encher ocos coa información correcta, situar no mapa a cidades onde viviu o pintor, encrucillados e sopas de letras nas distintas categorías, identificación dos nomes do pintor, títulos de cadros e cidades, situar elementos no Guernica, asociar elementos...

REALIZAR ESTA ACTIVIDADE

(Entrar como convidado)

Distribuir contido