Os Xogos Olímpicos

ACTIVIDADES JCLIC CURSO 2011/2012

Este curso ao incorporarnos ao proxecto Abalar realizamos un PFAC que tivo como  temática a creación de actividades Jclic.

Este proxecto de formación deu como resultado estas novas actividades Jclic

 

Pica na imaxe para abrir a actividade


Pica na imaxe para abrir a actividade

O LIBRO DOS DEPORTES OLÍMPICOS 2012

Como parte do proxecto de investigación sobre os Xogos Olímpicos que estamos realizando este ano no cole, o alumnado de 6º elaboramos un libriño no que se recollen todos os deportes nos que se van a competir en Londres 2012.


Cada deporte vai acompañado dunha breve explicación, dunha imaxe do lugar onde se practica e do material necesario para realizalo.

LIBRO OS DEPORTES OLÍMPICOS

VILAOLIMPIADAS 11/12

Do 28 de Maio ao 1 de Xuño celebramos no cole as Vilaolimpiadas nas que participou todo o alumnado do centro.

O luns 28 foi a cerimonia inaugural na que desfilaron todos os cursos ondeando a súa bandeira, colocamos os aros olímpicos nun lugar destacado para que presidiran as Vilaolimpadas, escoitamos o noso himno olímpico e o xuramento dos deportistas realizado por un alumno/a de 6º. Finalmente realizouse a apertura oficial dos Xogos.

O martes 29 comezaron as actividades deportivas coa disputa dos partidos de hockei (alumnado de 6º), baloncesto (alumnado de 5º), balonmán (alumnado de 4º) e voleibol (alumnado de 3º)

Os nenos e nenas do primeiro ciclo de primaria "competiron" o mércores 30 en varias disciplinas atléticas: lanzamento de peso e salto de lonxitude (alumnado de 1º) e lanzamento de disco e salto de altura (alumnado de 2º).

O xoves 31 celebramos as carreiras de obstáculos nas que participou o alumnado de Educación Infantil 5 anos, as carreiras de relevos nas que correrán os nenos e nenas de Educación Infantil 4 anos e as carreiras de velocidade para os rapaces e rapazas de Educación Infantil 3 anos.

A clausura das Vilaolimpiadas foi o venres 1 coa entrega de medallas e o acto de peche dos xogos.

VER FOTOS VILAOLIMPIADAS

OS XOGOS OLÍMPICOS 11/12

Debido a que no ano 2012 vanse celebrar os Xogos Olímpicos en Londres, dende o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística propuxemos como tema dos proxectos de investigación deste curso os "Xogos Olímpicos".


No corredor da entrada fixemos un panel cos distintos deportes que se disputarán en Londres 2012. Tamén estamos  poñendo fichas cos datos mais significativos de tódalas Olimpiadas celebradas, cada semana colocamos dúas fichas novas.


FICHAS "DEPORTES OLÍMPICOS DE LONDRES 2012"
FICHAS "XOGOS OLÍMPICOS"

Ao longo do curso iremos facendo mais actividades das que vos manteremos informados dende esta web.


Distribuir contido