Día da Paz

DÍA DA PAZ 2024

Este 30 de Xaneiro para conmemorar o  Día da Paz entre todo o alumnado creamos un muro con frases de Malala, a activista a prol da educación que é a persoa máis nova en recibir un premio Nobel concremente o Nobel da Paz.

Tamén bailamos e cantamos a "Danza da Paz" de Mama Cabra.

Pica na imaxe para ver o vídeo

DÍA DA PAZ 2023

Para conmemorar o  Día da Paz realizamos diversas actividades, nalgunhas delas participou todo o cole e outras foron realizadas por algúns cursos:

- Construímos entre todos os alumnos/as o muro da Paz xa que cada un escribiu unha palabra de Paz no seu ladrillo.

- Decoramos a árbore da Paz con pombas que levaban escritas dita palabra en diferentes idiomas.

- Traballamos o conto " O homiño de papel" e fixemos os nosos propios homiños.

- Decoramos a pizarra da entrada.

- Visualizamos un vídeo sobre os problemas das mulleres en Afganistán.

- Cantamos e bailamos todos xuntos no patio a canción "Siente la paz".

Pica na imaxe para ver o vídeo

 VER FOTOS DÍA DA PAZ 2023

DÍA DA PAZ 2022

Este ano celebramos o Día da Paz decorando a pizarra da entrada cun gran corazón no que se amosan os elementos básicos para manter a Paz: amizade, respecto, confianza, esforzo, apertas, unión, amor e solidariedade.

Ademais, entre todos os cursos realizamos un mural coas nosas vacinas para o bo trato que unha das bases para  vivir en PAZ.

VER FOTOS DÍA DA PAZ 2022

DÍA DA PAZ 2021

Este ano por mor da situación epidemiolóxica tivemos que celebrar o Día da Paz nas aulas con visionado de vídeos e a realización de diversas actividades.

Unha desas actividades consistiu en coñecer os distintos símbolos da Paz e crear os nosos propios símbolos que utilizamos para decoramos as máscaras coas que nos protexemos.

VER FOTOS DÍA DA PAZ 2021

VÍDEOS DÍA DA PAZ 2021

Vídeos recomendados para o alumnado de Educación Infantil

ABRAZO

 

EL ARCA DE NOÉ

 

Vídeos recomendados para Educación Primaria

TOLERANCIA

 

TRES PETITS POINTS

 

DÍA DA PAZ 2020

O 30 de xaneiro conmemoramos no cole o día da paz e non violencia. Este ano cantamos polo clima para concienciarnos que non debemos violentar ao noso planeta (cambio climático, plásticos, especies en perigo de extinción...)

  Pica na imaxe para ver o vídeo

 O alumnado de EI tamén representou o Baile da paz de Mamá Cabra. 

 Pica na imaxe para ver o vídeo 

Rematamos a conmemoración plantando unha oliveira que nos recorde de forma permanente a importancia da paz, da non violencia e do coidado da Terra.

VER FOTOS DÍA DA PAZ 2020

ROMPENDO MUROS- DÍA DA PAZ 2019

O 30 de Xaneiro celebramos no cole o Día Paz.

Por mor do tempo tivemos que suspender a carreira de relevos que tiñamos prevista polo que os actos centrais da conmemoración foron a ruptura do muro no que estaban pegadas as palabras, frases e imaxes relativas ás cousas negativas das que nos queremos desfacer e a  proclamación das consignas en favor da Paz que seleccionamos e creamos nas aulas.

Finalizamos cantando todos xuntos a canción "Chilla que tiemble" que preparamos na clase de música.

VER FOTOS DÍA DA PAZ 2019

UNHA PAZ MOI DOCE - DÍA DA PAZ 2018

Este ano conmemoramos o Día da Paz no cole enchendo a nosa árbore cos doces da Paz elaborados polos distintos cursos.

Recitamos unha poesía e todos xuntos cantamos a canción Paz, Paz, Paz de Juanes. Se queredes ver que tal o fixemos pica sobre a imaxe.

PREPARANDO O DÍA DA PAZ 2018

Con este vídeo podedes ensaiar cos vosos alumnos e alumnas a canción de Juanes "Paz, Paz, Paz" que imos cantar todos xuntos para conmemorar o Día da Paz.

O NOSO CORAZÓN DE PAZ - DÍA PAZ 17

Este ano o Día da Paz ademais de cantar e bailar a canción "Hecho con tus sueños" de Maldita Nerea, os nenos e nenas do colexio fixemos un gran corazón decorando cada clase unha parte do mesmo. O corazón está cheo de moitas palabras: música, contos, novas, xogos, familia, risas...

VER FOTOS DÍA DA PAZ 17

Distribuir contido