DÍA DA PAZ 2023

Para conmemorar o  Día da Paz realizamos diversas actividades, nalgunhas delas participou todo o cole e outras foron realizadas por algúns cursos:

- Construímos entre todos os alumnos/as o muro da Paz xa que cada un escribiu unha palabra de Paz no seu ladrillo.

- Decoramos a árbore da Paz con pombas que levaban escritas dita palabra en diferentes idiomas.

- Traballamos o conto " O homiño de papel" e fixemos os nosos propios homiños.

- Decoramos a pizarra da entrada.

- Visualizamos un vídeo sobre os problemas das mulleres en Afganistán.

- Cantamos e bailamos todos xuntos no patio a canción "Siente la paz".

Pica na imaxe para ver o vídeo

 VER FOTOS DÍA DA PAZ 2023