Día da Paz
DÍA DA PAZ 2023
Para conmemorar o Día da Paz realizamos diversas actividades, nalgunhas delas participou todo o cole e outras foron realizadas por algúns cursos: - Construímos entre todos os alumnos/as o muro da Paz xa que cada un escribiu unha palabra de Paz no seu ladrillo. - Decoramos a árbore da Paz con pombas que levaban escritas dita palabra en diferentes idiomas. - Traballamos o conto " O homiño de papel" e fixemos os nosos propios homiños. - Decoramos a pizarra da entrada. - Visualizamos un vídeo sobre os problemas das mulleres en Afganistán. - Cantamos e bailamos todos xuntos no patio a canción "Siente la paz". Pica na imaxe para ver o vídeo |
DÍA DA PAZ 2022
Este ano celebramos o Día da Paz decorando a pizarra da entrada cun gran corazón no que se amosan os elementos básicos para manter a Paz: amizade, respecto, confianza, esforzo, apertas, unión, amor e solidariedade. Ademais, entre todos os cursos realizamos un mural coas nosas vacinas para o bo trato que unha das bases para vivir en PAZ.
|
DÍA DA PAZ 2021
Este ano por mor da situación epidemiolóxica tivemos que celebrar o Día da Paz nas aulas con visionado de vídeos e a realización de diversas actividades. Unha desas actividades consistiu en coñecer os distintos símbolos da Paz e crear os nosos propios símbolos que utilizamos para decoramos as máscaras coas que nos protexemos. |
VÍDEOS DÍA DA PAZ 2021
Vídeos recomendados para o alumnado de Educación Infantil ABRAZO
EL ARCA DE NOÉ
Vídeos recomendados para Educación Primaria TOLERANCIA
TRES PETITS POINTS
|
DÍA DA PAZ 2020
O 30 de xaneiro conmemoramos no cole o día da paz e non violencia. Este ano cantamos polo clima para concienciarnos que non debemos violentar ao noso planeta (cambio climático, plásticos, especies en perigo de extinción...) Pica na imaxe para ver o vídeo O alumnado de EI tamén representou o Baile da paz de Mamá Cabra. Pica na imaxe para ver o vídeo Rematamos a conmemoración plantando unha oliveira que nos recorde de forma permanente a importancia da paz, da non violencia e do coidado da Terra. |
ROMPENDO MUROS- DÍA DA PAZ 2019
O 30 de Xaneiro celebramos no cole o Día Paz. Por mor do tempo tivemos que suspender a carreira de relevos que tiñamos prevista polo que os actos centrais da conmemoración foron a ruptura do muro no que estaban pegadas as palabras, frases e imaxes relativas ás cousas negativas das que nos queremos desfacer e a proclamación das consignas en favor da Paz que seleccionamos e creamos nas aulas. Finalizamos cantando todos xuntos a canción "Chilla que tiemble" que preparamos na clase de música. |
PREPARANDO O DÍA DA PAZ 2018
Con este vídeo podedes ensaiar cos vosos alumnos e alumnas a canción de Juanes "Paz, Paz, Paz" que imos cantar todos xuntos para conmemorar o Día da Paz.
|
O NOSO CORAZÓN DE PAZ - DÍA PAZ 17
Este ano o Día da Paz ademais de cantar e bailar a canción "Hecho con tus sueños" de Maldita Nerea, os nenos e nenas do colexio fixemos un gran corazón decorando cada clase unha parte do mesmo. O corazón está cheo de moitas palabras: música, contos, novas, xogos, familia, risas... |
CANCIÓN E BAILE PARA O DÍA DA PAZ 2017
Este ano o Día da Paz imos cantar e e bailar a canción "Hecho con tus sueños" de Maldita Nerea. Aquí vos deixamos dous vídeos para os que queirades comezar a ensaiar nas aulas, un co baile e outro coa letra.
|
