Semana do libro 2016-17

Na semana do libro queremos sacar os libros ó aire libre, así aparecen novos recunchos de lectura e deixamos que a nosa imaxinación se espalle.

A nosa biblioteca ó aire libre (Ó aire libro) está composta por libros que trae o alumnado da casa. Ó longo de toda a semana estarán no patio do colexio. O venres será o día de portas abertas para as familias. Este día tanto familias como alumnado poderán coller libros en préstamo.

Pincha na imaxe para ver as fotos.

 

 

 

Álbum: Curso 16-17 -> Semana do libro