O 12 de xullo do 2003 a Real Academia Galega aprobou novas normas da lingua galega.
Auí podes descargar un arquivo pdf cos cambios producidos:
Cos cambios na normativa prodúcense tamén cambios en algunhas palabras. Algunhas das que cambian son:
Antes |
Agora |
vocal | vogal |
estudio, estudiar | estudo, estudar |
q: letra cu | q: letra que |
ll: letra elle | ll: letra ele dobre |
-ict- (victoria) | -it-(vitoria) |
-icc- (diccionario) | -ic- (dicionario) |
-uct- (producto) | -ut- (produto) |
-ucc- (conducción | -uc- (condución) |
diferencia | diferenza (ollo! non cambian todas preferencia -> preferencia) |
espacio | espazo |
servicio | servizo |
presencia | presenza |
tercio | terzo |
-ble | -ble ou -bel |
xubileo | xubileu |
bacallao | bacallau |
pao | pau |
ímpetu | impeto |
tribu | tribo |
afgana | afgá |
alemana | alemá |
capitana | capitá |
catalana | catalá |
gardiana | gardiá |
musulmana | musulmá |
pubertade | puberdade |
-ería / -aría | -aría mellor ca -ería |
come-lo caldo | comer o caldo mellor ca come-lo caldo (-lo soamente obrigatorio en polo e ulo) |
esto, eso, aquelo | isto, iso, aquilo |
cuxo é incorrecto | cuxo é correcto |
vinteún, vintedous... | vinte e un, vinte e dous... |
triple, cuádruple son correctos | triple, cuádruple son incorrectos |
ouvir é incorrecto | ouvir é correcto |
a cotío | acotío |
de cotío | decotío |
de contado | decontado |
en seguida | enseguida |
de seguido | deseguido |
a modo | amodo |
de vagar | devagar |
anque é correcto | anque é incorrecto; utilícese aínda que |
nembargantes é correcto | nembargantes é incorrect; empréguese porén, non obstante, no entanto |
sen embargo é correcto | sen embargo é incorrecto; empréguese porén, non obstante, no entanto |
entonces é correcto | entonces é incorrecto; úsese entón |
rector | reitor |
secta | seita |