Skip to Content

Taboleiro

8M DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Conmemorando o Día da Muller, o venres,  8 de marzo, contamos coa colaboración de dúas mulleres pertencentes á nosa comunidade educativa. Explicaron ao alumnado de Ed. Infantil en que consistía o seu traballo e responderon ás preguntas que lle formularon. Deixamos aquí unha mostra desta actividade que despertou moito interese no alumnado.

O martes 12 de marzo, contamos coa colaboración doutra muller da nosa comunidade educativa con dúas das súas compañeiras. Explicaron ao alumnado de Ed. Primaria en que consistía o seu traballo, fixeron xogos e responderon preguntas que tamén lles formularon. Queda aquí unha mostra da actividade.

CONEXIÓN COA BASE ESPAÑOLA NA ANTÁRTIDA

O luns, 26 de febreiro, tivemos o privilexio de conectarnos en directo coa Base Antártica Española Gabriel de Castilla. Desde a Illa Decepción, os científicos e militares fixeron unha presentación das actividades que levan a cabo alí e, a continuación, o alumnado de Educación Primaria, puido facerlles preguntas. Ademais, todas as aulas de Primaria apadriñaron un pingüín. Deixamos aquí unha mostra da videoconferencia.

OBRADOIRO PRIMEIRO AUXILIOS

Nesta xornada o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria recibiron un taller de Primeiros Auxilios impartido pola Asociación ASGATE, coa colaboración do Concello.

FESTA DE ENTROIDO. ANPA LAVANDEIRA

O venres pola tarde puidemos disfrutar dunha gran festa de Entroido organizada pola ANPA Lavandeira.

DESFILE DE ENTROIDO 2024

O pasado venres celebramos o Entroido cun desfile baixo a temática, OS XOGOS OLÍMPICOS. Deixamos aquí un vídeo desta actividade.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

O vindeiro mércores 21 de febreiro levarase a cabo unha xornada de portas abertas para todas as familias que queiran coñecer o noso centro, en horario de 17:30 a 19:30 horas.

 

Para as famalias que non poidan asistir a estas xornadas deixamos aquí uns vídeos co recorrido polo noso centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut