Skip to Content

Taboleiro

CIRCULAR PRINCIPIO DE CURSO 2024/2025

Achegamos nun ARQUIVO ADXUNTO a circular de principio de curso con información importante que deben ter en conta.

RECORDATORIO IMPORTANTE SOBRE O 1º DÍA: As entradas do primeiro día (11/09/2025) serán escalonadas, quedando do seguinte xeito:

  • 4ºEI (ver periodo de adaptación)
  • 5ºEI, 6ºEI, 1ºEP e 4ºEP (8:50 a 9:00h)
  • 2º e 5º EP (9:30h)
  • 3º e 6º EP (10:00h)

As familias que comezan este curso no noso centro, xa podedes descargar o abalarMóbil para recibir as notificacións.

 

RECOLLIDA DE LIBROS DE TEXTO DE 3º E 4º DE ED. PRIMARIA

As familias que teñan concedida a axuda de fondo libros poden pasar a recoller os libros, en horario de 9:00 a 14:00h os seguintes días:

3º ED PRIMARIA: Luns, 9 de setembro

4º ED. PRIMARIA: Martes, 10 de setembro

REUNIÓN INICIAL FAMILIAS ED. INFANTIL

O vindeiro venres 6 de setembro, celebraranse as reunións das familias de ED. INFANTIL no seguinte horario:

  • 6º Ed. Infantil: 10:00 a 11:00 horas.
  • 5º Ed. Infantil: 11:00 a 12:00 horas.
  • 4º Ed. Infantil: 12:00 a 13:00 horas.

O lugar será indicado o propio día ao chegar ao centro.

CULLERCIENCIA 2024

Un día de ciencia organizado polo CEIP PLURILINGÜE RÍA DO BURGO no que participaron coles de cerca e outros de non tan cerca ... Sevilla, Canarias, Murcia e Madrid estiveron presentes, entre outros

Unha experiencia na que os maiores do noso centro nos amosaron todo o que saben. Bravísimo por todos eles e polos mestres que os acompañaron en todo o proceso!!

OS AVÓS TAMÉN CONTAN. O ACORDEÓN

Este xoves tivemos a visita do avó de dous alumnos, Iago e Antón, para contarnos algo moi interesante ¡Cómo se fai e se repara un acordeón! Ademais, o avó Santi tocounos unhas pezas  que nos gustaron moito. Tamén demostraron Iago e Antón que saben tocar unhas cancións moi sinxelas co acordeón pequeno que fixo o seu avó.

EXHIBICIÓN DA POLICÍA NACIONAL

Co gallo do 200 aniversario da Policía Nacional, o alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria foi invitado a unha exhibición do traballo deste corpo no Coliseum de A Coruña. Aquí deixamos un pequeno vídeo.

PREMIOS DO RUTICONCURSO

Foron entregados os premios do RUTICONCURSO que se celebrou no noso centro un ano máis. Aquí queda unha mostra da entrega.

CANAL DE RADIOTELEVISIÓN VILA DE RUTIS

Comeza a andadura do Canal de Radiotelevisión  Vila de Rutis no Día das Letras Galegas. Deixamos aquí o enlace:

CANAL DE RADIOTELEVISIÓN VILA DE RUTIS

 

DÍA DA CIENCIA NA RÚA

Grazas á ANPA, o sábado 8 de maio o alumnado de 1ºEP a 4ºEP participou no Día da Ciencia na rúa no parque de Sta. Margarita, deixamos aquí unha mostra desta importante cita.

APADRIÑAMENTO LECTOR

Como remate das actividades deste mes, tendo como referencia os LIBROS, os nenos e nenas maiores do noso centro levaron a cabo o apadriñamento do alumnado máis pequeno para ler contos entre todos.

Distribuir contido


by Dr. Radut