Skip to Content

Taboleiro

O ENTROIDO 2023

Despois duns cursos de restricións, hoxe por fin, celebramos o Entroido no noso centro cun gran desfile. A comunidade educativa disfrutou dun momento moi especial coas actuacións do noso alumnado baixo a temática Estilos Musicais. Deixamos aquí un vídeo para que o vexades cos verdadeiros protagonistas, os vosos fillos e as vosas fillas. Adiante vídeo!!

BO ENTROIDO!!!

30 de xaneiro SONS DE PAZ

Hoxe 30 de xaneiro celebramos o Dïa da Paz e da non violencia no cole, cunha instalación artística por parte de toda a comunidade educativa baseada na obra de Zimoun, especialista nas "sound sculptures".

Con esta instalación de bandas brancas con mensaxes de Paz que se moven co vento e soan os asouseres, queremos lembrar que non debemos silenciar as guerras e mirar cara outro lado. SONS DE PAZ.

22 DECEMBRO DE 2022. NADAL NO NOSO COLE

Este último día de clase do trimestre levouse a cabo unha xornada diferente no noso centro. O alumnado de Ed. Infantil disfrutou de varias actividades nas aulas. O alumnado de Ed. Primaria celebrou un pequeno festival que podedes ver neste vídeo. 

Esperamos que vos guste. BO NADAL!!!

PANXOLIÑA 2022

Os mestres do C.E.I.P. Plurilingüe Vila de Rutis queren desexarvos a toda a comunidade educativa Bo Nadal, cantando esta panxoliña titulada "No medio da noite". Aquí deixamos un vídeo. FELICES FESTAS!!!!

21 DECEMBRO 2022 AS SS MM OS REIS MAGOS DE ORIENTE

Hoxe viñeron ao cole Melchor, Gaspar e Baltasar. Entregámolles as nosas cartas con todos os nosos desexos. Foi moi emocionante!!

PLENO MUNICIPAL INFANTIL

O venres, 2 de decembro, o alumnado de 6º de Educación Primaria do noso centro participou no XXII Pleno Municipal Infantil  de Culleredo, celebrado no  Auditorio do IES Universidade Laboral.

A proposta levada ao pleno polo noso alumnado  "O arranxo de espazos de ocio para os nenos e nenas (pistas deportivas e parques)"  foi a máis votada. O Sr. alcalde, José Ramón Rioboo,  fixo fincapé en que terá sida moi en conta e que, tanto el coma o seu equipo, esforzaranse ao máximo para levala a cabo.

Así mesmo, no apartado de Rogos e Preguntas, o noso alumnado rogoulle ao Sr. Alcalde a colaboración do concello para poñer en marcha un horto escolar no colexio, solicitude que xa se fixera o curso pasado, e o rexedor comprometeuse a prestar esta colaboración.

25 N DÍA INTERNACIONAL DA NON VIOLENCIA DE XÉNERO

RESPECTO, COOPERACIÓN, TRABALLO EN EQUIPO ... son valores que se traballan diariamente no noso centro, pero ademais, deixamos aquí o resultado final dun traballo específico sobre a igualdade de xénero elaborado entre o alumnado de todo o centro.

 Agradecemos a Cristina Sáez a súa colaboración e compartimos con todos vós o seu poema.  

Pódese descargar en pdf

 

Semana de ESGRIMA en clase de ED. FÍSICA

Aprendimos conceptos básicos de ESGRIMA na clase de Ed. Fïsica. Podedes ver neste vídeo como practicamos.

MAGOSTO 2022

Grazas á ANPA, un ano máis celebramos o Magosto no noso cole o venres día 11. Pasámolo moi ben. Aquí deixamos un vídeo para que o poidades ver.

Distribuir contido


by Dr. Radut