Skip to Content

Taboleiro

VISITA DAS SS MM OS REIS MAGOS DE ORIENTE

Hoxe recibimos unha visita moi importante. Viñeron Melchor, Gaspar e Basaltar a recoller as nosas cartas.

XXII PLENO INFANTIL 2023

O xoves 30 de novembro celebrouse o Pleno Infantil no Concello de Culleredo. Deixamos aquí o vídeo que comparte o Concello para que poidades seguilo.

Agora deixamos unha pequena mostra fotográfica mentras podedes escoitar a entrevista de Radio Culleredo á alcadesa do noso centro.

25N Día Internacional da non violencia de xénero

Conmemoramos o Día Internacional contra a violencia de xénero con actividades que axudan a sensibilizar ao alumnado no respecto, a tolerancia e a empatía cos demais, inculcando que a violencia non ten cabida de ningunha das maneiras.

CARREIRA SOLIDARIA

O xoves, 23 de novembro, celebramos no colexio a Carreira Solidaria  Save the Children. Participou todo o alumnado e profesorado e acadouse unha recaudación de 2082 € que xa foi enviada a Save the Children e recibimos un diploma. O noso agradecemento ás familias pola colaboración.

CIRCULAR PRINCIPIO DE CURSO 2023/2024

Achegamos a circular de principio de curso con información importante que deben ter en conta.

Pódese ver pinchando aquí

As familias que comezan este curso no noso centro, xa podedes descargar o abalarMóbil para recibir as notificacións.

 

RECOLLIDA DE LIBROS DE TEXTO DE 3º E 4º DE ED. PRIMARIA

As familias que teñan concedida a axuda de fondo libros poden pasar a recoller os libros, en horario de 9:00 a 14:00h os seguintes días:

3º ED PRIMARIA: Xoves, 7 de setembro

4º ED. PRIMARIA: Venres, 8 de setembro

CESIÓN DE PORTÁTILES AO ALUMNADO DE 5º E 6º DE ED. PRIMARIA

O luns 18 de setembro haberá unha reunión para as familias do alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria no seguinte horario:

6º ED. PRIMARIA : De 16:00 a 17:00h

5º ED. PRIMARIA: De 17:00 a 18:00h

 

HORARIO ENTRADA PARA O DÍA 11

O próximo luns, 11 de setembro, comezarán as clases. Para unha maior organización, e SÓ NESTE DÍA,  as entradas faranse segundo o seguinte horario:

4ºA/B de Ed. Infantil: Período de adaptación.
5ºA/B e 6ºA/B de Ed. Infantil: De 8:50 a 9:00 h.

1º e 4º de Ed. Primaria: De 8:50 a 9:00 h.
2º e 5º de Ed. Primaria: Ás 9:30 h.
3º e 6º de Ed. Primaria: Ás 10:00 h.

INFORMACIÓNS DE INTERESE

REUNIÓNS FAMILIAS

O vindeiro martes, 5 de setembro, celebraranse as reunións das familias de ED. INFANTIL no seguinte horario:

 9:30 a 10:30h: 6ºA e 6ºB de Ed. Infantil

11:00 a 12:00h: 5ºA e 5ºB de Ed. Infantil

12:30 a 13:30h: 4ºA e 4ºB de Ed. Infantil

*Se algunha familia trae o material antes do comezo das clases debe vir nunha bolsa co nome do alumno/a e o curso por fóra.

*As reunións das familias de Ed. Primaria realizaranse unha vez comezado o curso. Recibirán por Abalar Móbil a circular de principio de curso onde aparecerán as datas destas reunións. Esta circular tamén se publicará nesta web.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut