Skip to Content

Taboleiro

21 DE DECEMBRO NO VILA DE RUTIS, CELEBRACIÓN DO FIN DE ANO

O martes 21 de decembro nas aulas celebramos a festa de FIN DE ANO por adiantado. Queda aquí un pequeno recordo da actividade. Esperamos que vos guste moito e .... FELIZ ANO 2022.

Vémonos en xaneiro!!!

CELEBRACIÓN DO NADAL 2021

 Seguimos sen poder celebrar estas Festas da maneira que nos gustaría, pero non por iso deixamos de manter a ilusión no noso alumnado.

O luns, 20 de decembro, recibimos no cole a visita das Súas Maxestades, os Reis Magos de Oriente. Saímos a saudalos e entregámoslles as cartas.

O martes, 21 de decembro, adiantámonos á entrada do novo Ano celebrando as campanadas no colexio.

E tamén tivemos un recordo para todos os nenos e nenas da Palma adicándolles, desde Culleredo, este villancico canario.

O profesorado do C.E.I.P. Vila de Rutis deséxalle a toda a comunidade educativa unhas Boas Festas, coa esperanza de que o 2022 veña cargado de boas novas.

FELICITACIÓN DO NADAL DO NOSO CENTRO E RECOMENDACIÓNS DE LECTURA

Esta é a felicitación do Nadal deste curso.

Aquí deixamos unha recomendacións de lectura para este Nadal. Podedes visitar o blog da Biblioteca para ver moitas recomendacións.

PLENO MUNICIPAL INFANTIL

 O venres, 3 de decembro, o alumnado de sexto de Ed. Primaria do noso centro participou na vixésimo primeira edición do Pleno Municipal Infantil de Culleredo, no que se conmemora o aniversario da Constitución de 1.978.

A proposta que máis votos favorables recibiu foi a do noso centro, en relación ás axudas para desempregados.

Noraboa pola súa actuación!

DÍA DA DISCAPACIDADE

 

Conmemorando o Día da Discapacidade, recibimos no centro a persoas integrantes da Asociación “Só lles falta falar” acompañadas dos protagonistas, os cans de terapia. Todo o alumnado se interesou polo seu coidado e coñeceu a súa contribución a aumentar o benestar das persoas. Deixamos unha mostra esta actividade.

25 NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL DA NON VIOLENCIA DE XÉNERO

RESPECTO, COOPERACIÓN, TRABALLO EN EQUIPO ... son valores que se traballan diariamente no noso centro, pero ademais, deixamos aquí o resultado final dun traballo específico sobre a igualdade de xénero.

 Agradecemos a Cristina Sáez a súa colaboración e compartimos con todos vós o seu poema.

Mariposas de Cristina Sáez en pdf

Distribuir contido


by Dr. Radut