Skip to Content

Taboleiro

ENTROIDO CREATIVO

 

                      

 

                      

 

OS REIS MAGOS NO VILA DE RUTIS

As súas Maxestades os Reis de Oriente visitaron o noso centro o 22 de decembro. Levaron as cartas de todo o alumnado do colexio. Podedes ver a súa visita nesta víspera de reis, esperando que se cumplan todos os desexos.

 

FESTIVAL VIRTUAL DE NADAL 2020

Neste curso tan especial, que seguro vai quedar para sempre nas nosas mentes, no podíamos deixar de celebrar o Nadal no colexio. Podedes ver este festival virtual que esperemos que vos guste.

 

RECOLLIDA SOLIDARIA DE DOCES DE NADAL E RECOLLIDA DE XOGUETES

 

O noso agradecemento pola amplia participación nas campañas solidarias promovidas pola ANPA e polo Concello.

 

Unha vez máis, a Comunidade Educativa do C.E.I.P. Vila de Rutis amosou a súa solidaridade coas familias máis desfavorecidas de Culleredo.

 

LISTAXE DEFINITIVA DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS

 No centro está exposta a listaxe definitiva de admitidos para o procedemento de distribución de máscaras.

O horario de recollida das mesmas é o seguinte:

LUNS, 14 DE DECEMBRO:

1º e 2º de Ed. Primaria: De 9:10 a 9:50 e de 13:10 a 14:00

MARTES, 15 DE DECEMBRO:

3º e 4º de Ed. Primaria: De 9:10 a 9:50 ou de 13:10 a 14:00

MÉRCORES, 16 DE DECEMBRO:

5ºe 6º de Ed. Primaria: De 9:10 a 9:50 ou de 13:10 a 14:00

 

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

O 3 de decembro celebramos no colexio o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, co lema "BAIXO O MESMO PARAUGAS".

LISTAXE PROVISIONAL DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS

 

No centro está exposta a listaxe provisional de admitidos e excluídos para o procedemento de distribución de máscaras.

Ábrese un período de reclamación de 2 días hábiles seguintes á publicación. É dicir, os días 2 e 3 de decembro.

As reclamacións entenderanse resoltas coa publicación da listaxe definitiva.

Contra a exclusión na listaxe definitiva, as persoas afectadas poderán interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da listaxe definitiva

COA PUBLICACIÓN DA LISTAXE DEFINITIVA AVISAREMOS DAS DATAS E HORARIOS PARA RECOLLER AS MÁSCARAS.

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O mércores, 25 de Novembro, celebramos no colexio o Día internacional contra a violencia de xénero.

 

ACTUALIZACIÓN PLAN DE CONTINXENCIA

 

Atendendo á Resolución do 2 de novembro de 2020 da Xunta de Galicia , pola que se aproba o Plan de Continxencia ante peches de aulas ou centros educativos no contexto da Covid-19, actualizamos o Plan de Continxencia do CEIP Vila de Rutis.  En breve publicaremos tamén o Plan de Ensino Virtual.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut