Skip to Content

Taboleiro

SAMAÍN 2022

Estas últimas semanas para conmemorar o  Samaín decoramos as aulas, corredores e a entrada do cole cuns platos terroríficos. O día 28 de outubro tivemos un dia cheo de actividades, sorpresas, contacontos e merendas especiais! Aquí vos deixamos un vídeo para que poidades ver o ben que o pasamos! 

LISTADO DEFINITIVO DO FONDO LIBROS E RECOLLIDA DE VALES PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL CURSO 22.23

Xa están expostas no interior do centro as listaxes definitivas, tanto do fondo libros como das axudas para mercar libros e material.

A recollida de vales poderase efectuar os días 11, 12, 13 e 14 de xullo, en horario de 9:30 a 13:30.

 

RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS PARA O VERÁN

O Equipo de Biblioteca colgou no seu blogue recomendacións de lecturas para este verán. Deixámolas por aquí tamén. Seguro que vos gustan.

Guía de recomendacións de verán en pdf

II ROMERÍA LAVANDEIRA

 

*NORMAS:

- Cada familia es responsable del cuidado y atención de sus hij@s, las atracciones estarán controladas por monitores pero las familias deberán encargarse de la supervisión de sus hij@s.

- Los alumn@s socios del ANPA tendrán el uso gratuito de todas las actividades para lo que se les pondrá una pulsera que les dará acceso a todo.

- Podrán asistir dos adultos por familia y los hij@s de los socios que no estén en el cole se considerarán como socios.

- Las familias que no sean socias del ANPA podrán asistir a la comida campestre y si desean utilizar el resto de las actividades tendrán que comprar una pulsera con un coste de 5€.

- Los alumnos de comedor van a comer en el interior de comedor el menú como cualquier otro día.

- Si los padres lo desean a las 14:00 podrán recoger los alumn@s siempre que se avise a Conchi con antelación pero no recibirán picnic tendrán que comer la comida de casa.

- Si no se desea recoger a las 14:00 funcionarán los horarios normales de comedor.

- Durante la fiesta se respetarán las normas, tendremos un especial cuidado con nuestro entorno dejando todo recogido y limpio usando las papeleras y contenedores que se pondrán para el evento.

 

PARKING PARA BICICLETAS

NORMAS Y RESPONSABILIDAD POR ESTACIONAMIENTO

PARKING DE BICICLETAS

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2022/2023

 Publicada no DOG do 18 de maio de 2022 a convocatoria da ORDE do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria para o curso escolar 2022/23.

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO

Para o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria. As axudas poden ser:

210€, se a renda per cápita familiar é igual ou inferior a 6.000€.

140€, se a renda per cápita familiar é superior a 6.000€ e igual ou inferior a 10.000€.

AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR

Para todo o alumnado de Educación Primaria.

50€, se a renda per cápita  é igual ou inferior a 6.000€.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Para o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria. A cada alumno/a correspóndenlle:

6 libros, se a renda per cápita familiar é igual ou inferior a 6.000€

4 libros, se a renda per cápita familiar é superior a 6.000€ e igual ou inferior a 10.000€

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Desde o 19 de maio ata o 22 de xuño de 2022( ambos inclusive)

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

* Anexo I e Anexo II da orde debidamente cumprimentados (modelo ED330B), que se pode descargar pinchado aquí.

Libro de familia (orixinal e copia)

·     *En caso de separación ou divorcio, sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

·     *  Certificado do grao de discapacidade do alumno/a ou doutro membro da familia.

As solicitudes poden presentarse:

·       No propio  centro, en horario  de 9:00 a 9:50h e de 13:10 a 14:00h

·       Por vía electrónica  a través da aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros)

·        A través da sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal)

·       Poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, o sistema de usuario e Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365)

A solicitude será única para todos os fillos/as  que estén admitidos no mesmo centro para o curso 2022/2023.

DEVOLUCIÓN DE LIBROS DO FONDO LIBROS

O alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria debe devolver os libros de texto que son do fondo libros, en bo estado, do 13 ao 17 de xuño.

De non ser devoltos, non haberá dereito a solicitar axudas para o vindeiro curso.

ENTREGA DE LIBROS PARA O PRÓXIMO CURSO

A entrega dos libros para o alumnado de 3º e 4º de Ed. Primaria, para o curso 2022/2023, realizarase en setembro.

LISTAS ADMITIDOS/AS E ENTREGA DE CHEQUES/VALES

Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes, notificaremos as datas nas que se farán públicas as listas de admitidos/as, así como as datas nas que se entregarán os cheques de libros e vales de material escolar.

 

OS PITIÑOS en directo

Podedes ver en directo a incubadora que hai no cole.

Pincha este enlace para poder seguilo 

https://www.youtube.com/watch?v=i0vE_-6vnoo

 

 

 

O ROCÓDROMO

O alumnado de 5º e 6º foron o día 21 e 20 de abril a vivir unha experencia de escalada no rocódromo gracias á asociación de montañismo AMI. Deixamos un vídeo onde podedes ver como ascenderon pola parede os compañeiros e compañeiras máis maiores do centro.

20 de abril - 6º EP

21 de abril - 5ºEP

AXUDA A UCRANIA

Estas semanas levamos a cabo unha campaña de recollida de roupa, alimentos e medicinas para colaborar na axuda a xente de Ucrania. Deixamos un vídeo do noso traballo. Esperamos que chegue ao pobo ucraniano a nosa pequena axuda. Moito ánimo!!

Distribuir contido


by Dr. Radut