Skip to Content

APADRIÑAMENTO LECTOR

Como remate das actividades deste mes, tendo como referencia os LIBROS, os nenos e nenas máis maiores do noso centro levaron a cabo o apadriñamento do alumnado máis pequeno para ler contos entre todos.

LISTAXES PROVISIONAIS DO ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2024/2025

Informamos que todas as solicitudes de admisión para 4º de Educación Infantil presentadas en prazo foron admitidas.

As demais solicitudes presentadas en prazo (para outros niveis) non obteñen praza.

As listaxes provisionais estarán expostas no interior do centro e poderán ser obxecto de reclamación ante o Consello Escolar nun prazo de 5 días hábiles.

Publicarase a listaxe definitiva o 15 de maio.

O prazo para formalizar a matrícula será do 20 ao 30 de xuño.

 

VISITA DA DRAGONA RAMONA AO VILA

O martes 23 de abril, Día do Libro, achegouse A Dragona Ramona ao noso cole para contar un conto ao alumnado de Ed. Infantil. Gustounos moitísimo.

Agradecementos ao Concello por deixarnos disfrutar un tempo desta nosa amiga, que disfruta tanto cos libros coma nós.

VISITA DUNHA ESCRITORA A 5º EP

Continuamos en abril, xa casi no Día do Libro, e rematamos o mes recibindo a outra escritora no noso centro. Este luns 22 de abril achegouse á nosa Biblioteca EVA MEJUTO, autora do libro que leron os nenos e as nenas de 5ºEP. Contounos cousas moi interesantes.

Distribuir contido


by Dr. Radut