Skip to Content

VISITA DUNHA ESCRITORA A 5º EP

Continuamos en abril, xa casi no Día do Libro, e rematamos o mes recibindo a outra escritora no noso centro. Este luns 22 de abril achegouse á nosa Biblioteca EVA MEJUTO, autora do libro que leron os nenos e as nenas de 5ºEP. Contounos cousas moi interesantes.

VISITA DUNHA ESCRITORA AO ALUMNADO DE 6ºEP

Seguimos en abril, cada día máis preto do Día do Libro, e recibimos a outra escritora no noso centro. Este xoves 11 de abril achegouse á nosa Biblioteca LETICIA BARBADILLO, escritora do libro que leron os nenos e as nenas de 6ºEP. Contounos cousas moi interesantes.

VISITA DUNHA ESCRITORA AO ALUMNADO DE 4ºEP

Estamos no mes de abril, e como se acerca o Día do Libro, imos recibir a varias escritoras no noso centro. Este venres 5 de abril achegouse á nosa Biblioteca MARÍA CANOSA, escritora do libro que leron os nenos e as nenas de 4ºEP. Contounos cousas moi chulas.

8M DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Conmemorando o Día da Muller, o venres,  8 de marzo, contamos coa colaboración de dúas mulleres pertencentes á nosa comunidade educativa. Explicaron ao alumnado de Ed. Infantil en que consistía o seu traballo e responderon ás preguntas que lle formularon. Deixamos aquí unha mostra desta actividade que despertou moito interese no alumnado.

O martes 12 de marzo, contamos coa colaboración doutra muller da nosa comunidade educativa con dúas das súas compañeiras. Explicaron ao alumnado de Ed. Primaria en que consistía o seu traballo, fixeron xogos e responderon preguntas que tamén lles formularon. Queda aquí unha mostra da actividade.

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2024-2025

 OFERTA DE PRAZAS PARA O CURSO 24/25

EDUCACIÓN  INFANTIL

CURSO

VACANTES

RESERVA  NEAE

4º (3anos)

34

6

5º (4 anos)

                  0

 

6º (5 anos)

                  0

 

EDUCACIÓN  PRIMARIA

CURSO

VACANTES

RESERVA  NEAE

0

 

0

 

0

 

0

 

13

 

12

 

Normativa que regula o proceso de admisión de alumnado:

DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

O proceso de solicitude terá lugar entre o 1 e o 20 de marzo de 2024, ambos inclusive.

Serán utilizados os modelos ED550B e ED550B-bis para a solicitude.

Poderase descargar nesta web ou recollelo na conserxería do centro. Tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación "admisionalumnado", e na páxina web da consellería competente en materia de educación.

Presentación de solicitudes:A solicitude pode presentarse por sede electrónica ou no colexio no seguinte horario: de 9:00 a 9:50 e de 13:10 a 14:00h.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR PARA A ADMISIÓN

- Modelo de solicitude.

- Acreditación da idade do alumno/a: DNI, pasaporte, libro de familia (hai que traer orixinal e fotocopia de todas as páxinas escritas)...

- Certificado de matrícula, no caso de estar xa escolarizado/a. Este certificado pídese no centro de procedencia.

- Certificado de empadroamento municipal. Deben figurar todos os membros da unidade familiar que convivan no domicilio.

- Certificacións oficiais xustificativas doutras circunstancias:

* Situación desfavorecida como consecuencia de factores sociais, económicos ou culturais (Informe dos servizos sociais competentes que acredite as circunstancias achegadas)

* Alumnado con necesidades educativas específicas (documentación acreditativa das circunstancias alegadas)

* Separación legal dos pais: orixinal e fotocopia do convenio regulador ou da resolución xudicial.

(A efectos de comprobación, é necesario presentar sempre o orixinal de todos os documentos fotocopiados).

É posible autorizar na propia solicitude a consulta do domicilio fiscal e declaración do imposto sobre a renda, do título de familia numerosa e do certificado de discapacidaderecoñecida pola Xunta de Galicia. Se se marca cun "X" en todas esas casillas non hai que xustificalas documentalmente, xa que queda feito de xeito telemático.

PUBLICACIÓN DA LISTAXE DO ALUMNADO ADMITIDO

- O 25 de abril: Publicación da resolución provisional de admitidos e non admitidos. As listaxes que se publiquen terán carácter provisional e poderán ser obxecto de reclamación ante o Consello Escolar do Centro no prazo de cinco días hábiles.

- O 15 de maio: Publicación da resolución definitiva de admitidos e non admitidos. Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o responsable da Xefatura Territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional no prazo dun mes.

PRAZO PARA A FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA

* O alumnado admitido formalizará a súa matrícula no Centro, do 20 ao 30 de xuño

INFORMACIÓNS IMPORTANTES

* A SOLICITUDE SERÁ ÚNICA E VINCULANTE, PODERÁ CONTER ATA SEIS CENTROS, POR ORDE DE PREFERENCIA, E PRESENTARASE NO CENTRO INDICADO EN PRIMEIRO LUGAR.

* No caso de separación legal dos pais, a solicitude de admisión terá que estar asinada polos dous proxenitores, agás que aquel/a que formalice a instancia teña atribuída a patria potestade con carácter exclusivo mediante resolución xudicial, que terá que ser aportada para o seu cotexo polo centro educativo (hai que traer orixinal e copia da mesma).

* Os solicitantes deben indicar se o alumno/a presenta necesidades específicas de apoio educativo, aportando a documentación necesaria.

Distribuir contido


by Dr. Radut