Skip to Content

CIRCULAR PRINCIPIO DE CURSO 2024/2025

Achegamos nun ARQUIVO ADXUNTO a circular de principio de curso con información importante que deben ter en conta.

RECORDATORIO IMPORTANTE SOBRE O 1º DÍA: As entradas do primeiro día (11/09/2025) serán escalonadas, quedando do seguinte xeito:

  • 4ºEI (ver periodo de adaptación)
  • 5ºEI, 6ºEI, 1ºEP e 4ºEP (8:50 a 9:00h)
  • 2º e 5º EP (9:30h)
  • 3º e 6º EP (10:00h)

As familias que comezan este curso no noso centro, xa podedes descargar o abalarMóbil para recibir as notificacións.

 

RECOLLIDA DE LIBROS DE TEXTO DE 3º E 4º DE ED. PRIMARIA

As familias que teñan concedida a axuda de fondo libros poden pasar a recoller os libros, en horario de 9:00 a 14:00h os seguintes días:

3º ED PRIMARIA: Luns, 9 de setembro

4º ED. PRIMARIA: Martes, 10 de setembro

PERIODO DE ADAPTACIÓN PARA O ALUMNADO DE 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL

O MÉRCORES dia 11 de setembro cada titora repartirá ao alumnado en tres grupos, que acudirán á aula no seguinte horario:

• De 10:00h a 11:00h (Grupo A).

• De 11:30h a 12:30h (Grupo B).

• De 12:45h a 13:45h (Grupo C).

O XOVES 12 de setembro, repartirase ao alumnado en dous grupos que acudirán no seguinte horario:

• De 9:30h a 11:00 h - Grupo A.

• De 11:30h a 13:00 h - Grupo B.

O VENRES 13 acudirán no seguinte horario:

• De 9:15h a 11:15 h - Grupo A.

• De 11:45h a 13:45 h - Grupo B.

O LUNS 16 e MARTES 17 acudirá todo o grupo xunto en horario de 9:30h a 13:00h rematando así o período de adaptación.

A partir do MÉRCORES 18 o alumnado acudirá en horario completo de 9:00 a 14:00

REUNIÓN INICIAL FAMILIAS ED. INFANTIL

O vindeiro venres 6 de setembro, celebraranse as reunións das familias de ED. INFANTIL no seguinte horario:

  • 6º Ed. Infantil: 10:00 a 11:00 horas.
  • 5º Ed. Infantil: 11:00 a 12:00 horas.
  • 4º Ed. Infantil: 12:00 a 13:00 horas.

O lugar será indicado o propio día ao chegar ao centro.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL E ESCOLAR CURSO 2024/2025

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL   

A listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas publicarase no taboleiro do centro o mércores, 3 de xullo.

As persoas interesadas poderán formular reclamación os días 4 e 5 de xullo no centro.

A listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas publicarase no taboleiro do centro o 8 de xullo.

ENTREGA  DE  VALES 

Os vales para a adquisición de libros (1º e 2º de Ed. Primaria) e os vales para a adquisición de material (De 1º a 6º de Ed. Primaria) entregaranse do 11 ao 19 de xullo. Os que non sexan recollidos nestas datas poden recollelos en setembro.

OS LIBROS DO FONDO (3º e 4º Ed. Primaria) REPÁRTENSE EN SETEMBRO.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut