Skip to Content

MATRÍCULA PARA O CURSO 2024-2025

O prazo de matrícula é do 20 ao 30 de xuño, ámbolos dous inclusive, no seguinte horario:

De 9:00h a 9:50h e de 13:10h a 14:00h.

 

DOCUMENTACIÓN PARA A MATRÍCULA

-      Impreso de matrícula debidamente cumprimentado. Pode recollerse na conserxería do centro ou pinchando aquí

-      3 fotografías tamaño carnet do alumno/a co nome por detrás.

-      DNI do alumno/a, se o ten, o dos pais (orixinal e fotocopia)

-      Libro de familia (orixinal e fotocopia de todas as páxinas escritas).

-      Tarxeta sanitaria do alumno/a (orixinal e fotocopia).

-  Informe médico (certificado de vacinacións  e de non padecer enfermidade infecto-contaxiosa) só o alumnado que se matricula en 4º Ed. Infantil.

-      Orixinal e copia de resolución xudicial, no caso de separación legal dos pais.

 

IMPORTANTE: Non é preciso entregar de novo a documentación que xa foi entregada no proceso de admisión.

CULLERCIENCIA 2024

Un día de ciencia organizado polo CEIP PLURILINGÜE RÍA DO BURGO no que participaron coles de cerca e outros de non tan cerca ... Sevilla, Canarias, Murcia e Madrid estiveron presentes, entre outros

Unha experiencia na que os maiores do noso centro nos amosaron todo o que saben. Bravísimo por todos eles e polos mestres que os acompañaron en todo o proceso!!

OS AVÓS TAMÉN CONTAN. O ACORDEÓN

Este xoves tivemos a visita do avó de dous alumnos, Iago e Antón, para contarnos algo moi interesante ¡Cómo se fai e se repara un acordeón! Ademais, o avó Santi tocounos unhas pezas  que nos gustaron moito. Tamén demostraron Iago e Antón que saben tocar unhas cancións moi sinxelas co acordeón pequeno que fixo o seu avó.

Distribuir contido


by Dr. Radut