Secretaría

CURSO 2021/22

Presentámosvos ao novo claustro do CEIP Pluril. Víctor López Seoane para este curso 21/22. 

PROGRAMA DE ACOLLIDA PARA O ALUMNADO DE 3 ANOS CURSO 2021/22

             As familias con nenos e nenas que comezan en 4º nivel de educación infantil  (3 anos) para o curso 2021/22 atoparedes na seguinte presentación (tedes que pinchar na imaxe) unhas suxestións e unha serie de pautas organizativas para a futura incorporación. Benvidas ao noso centro!

 

MURAL ENTRADA DE INFANTIL 3 ANOS

Agradecemos aos ALUMNOS da Escola de Arte e Superior de Deseño PABLO PICASSO xunto co patrocinio do Concello, polo mural que fixeron para a entrada do noso alumnado, en especial dos nenos e nenas de 3 anos. 

Esperemos que vos guste tanto coma ao noso alumnado!!!

CARREIRA SOLIDARIA

Un ano mais e coas medidas oportunas pola situación actual, puidemos celebrar a CARREIRA SOLIDARIA en beneficio da asociación ASPACE. Como o tempo non nos acompañou moito tivemos que facelo no pavillón pero non por eso, foi menos emocionante e os nenos participaron coa mesma ilusión e moitísimas ganas que outros anos. Deixámosvos un pequeno vídeo para que podades ver o ben que o fixeron... 

Aproveitamos para recordarvos que ata o 22 de xuño podedes mandar polos nenos e nenas o diñeiro da carreira.

MOITISIMAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!!

  

CARREIRA SOLIDARIA

 

Gracias a iniciativa dun alumno, imos celebrar a CARREIRA SOLIDARIA que viñamos facendo nos últimos cursos. Este ano, tócanos facela de maneira diferente seguindo as medidas de seguridade seguindo o protocolo COVID:

- Correrán os cursos por aulas burbullas

- Durante 10-15 minutos. 

- As familias non poderán acceder ao recinto. 

¡¡CONTAMOS CO VOSO APOIO!!

FAMILIAS DE NOVO INGRESO DE 3 ANOS PARA O CURSO 2021/22

Rematado o prazo de entrega das solicitudes, informamos ás familias que solicitastes a praza no noso centro para o vindeiro curso 2021/22, que podedes formalizar a matrícula do voso fillo/a.

Pinchade nas iconas para descargar os formularios da matrícula e da lingua materna:

 

                                   

DIA NON LECTIVO 2021

 

O martes 18 de maio non haberá clases segundo o acordo do Consello Escolar do centro e aprobación da Xefatura Territorial da Consellería de Educación. 

MACROCUESTIONARIO SOBRE A CONVIVENCIA NOS CENTROS

A Xunta de Galicia publicou con data de 12 de abril o III macrocuestionario sobre convivencia nas aulas, dirixido a o conxunto da comunidade escolar galega e ao alumnado a partir de 5º de Primaria. 

O obxectivo deste cuestionario é actualizar os datos da situación dos centros escolares en canto á convivencia, que se iniciou no 2015 e repetiuse no 2019, así como testar a evolución no tempo co fin de implementar as medidas específicas e máis axeitadas á realidade das aulas.

Esta acción vaise enmarcar dentro da Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2021-2025 EduConvives.

O prazo para facer estas enquisas é ata o día 29 de abril.

Tedes toda a información no seguinte enlace  http://www.edu.xunta.gal/portal/node/33594

 

BOLSAS COMEDOR PARA O CURSO 2021/22

No Boletín Oficial da Provincia da Coruña do 30 de marzo de 2021 están publicadas as bases para a convocatoria das bolsas municipais de comedor para o curso 21-22. 

O prazo para a presentación de solicitudes será do 5 ao 30 de abril, ambos inclusive. 

Podedes recoller os impresos nas oficinas dos rexistros municipais ou tamén na sede electrónica municipal (https://sede.coruna.gob.es)

 

VISITA VIRTUAL AO CENTRO

Como este ano non podemos convidarvos a coñecer o noso centro de maneira presencial, deixámosvos unha pequena presentación cun vídeo feito polo alumnado de 5 anos onde vos ensinan de maneira virtual o colexio. 

Pinchade nas imaxes para poder velos.

PRESENTACION                 VIDEO

    PRESENTACIÓN                                     PORTAS ABERTAS

Distribuir contido

logo conselleria

ligazón abalar

  ligazón edixgal

    ligazón eva

          bibliotecas escolares

      

  ligazón programa tei

  FSE