MACROCUESTIONARIO SOBRE A CONVIVENCIA NOS CENTROS

A Xunta de Galicia publicou con data de 12 de abril o III macrocuestionario sobre convivencia nas aulas, dirixido a o conxunto da comunidade escolar galega e ao alumnado a partir de 5º de Primaria. 

O obxectivo deste cuestionario é actualizar os datos da situación dos centros escolares en canto á convivencia, que se iniciou no 2015 e repetiuse no 2019, así como testar a evolución no tempo co fin de implementar as medidas específicas e máis axeitadas á realidade das aulas.

Esta acción vaise enmarcar dentro da Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2021-2025 EduConvives.

O prazo para facer estas enquisas é ata o día 29 de abril.

Tedes toda a información no seguinte enlace  http://www.edu.xunta.gal/portal/node/33594

 

logo conselleria

ligazón abalar

  ligazón edixgal

    ligazón eva

          bibliotecas escolares

      

  ligazón programa tei

  FSE