Curso 18-19

Simulacro de Incendio

Esta semana realizamos no colexio un simulacro de incendio por sorpresa.

Podedes estar tranquilas familias, o cole evacuouse moi rápido e os bombeiros chegaron en 5 minutos.

TEI Evento Final

Como todos os anos O pasado xoves 13 de xuño, celebramos no Paraninfo da Universidade a ceremonia final do TEI 2018/19

Aqui tedes os videos mostrados.

 

Moitas grazas a tod@s!

 

Letras Galegas 2019

Este ano o homenaxeado nas Letras Galegas é Antón Fraguas.

Para coñecer mellor a súa vida e máis a súa obra deixámosvos fichas descargables e varios enlaces nos que poderedes resolver as vosas dúbidas sobre o protagonista deste ano 2019.

Se clicades nos seguintes enlaces iredes directamente ás actividades:

1- Páxina web adicada ao autor das letras galegas deste ano con actividades descargables e  interactivas e ligazóns á outras páxinas de interese:

     http://primaveradasletras.gal/

2- Ligazón da RAG para homenaxear ao autor das letras de contido máis académico:

     https://academia.gal/letras-actual

3- Información de Antón Fraguas na galipedia:

     Antón Fraguas na galipedia.

4- Día das letras galegas do Portal da lingua galega:

     http://www.lingua.gal/letras-galegas/_/contido_0057/2019-antonio-fraguas-fraguas

 A continuación tedes como adxuntos varias fichas e unha unidades didáctica en pdf.

 

DÍA MUNDIAL DEL AUTISMO

 
 
"Hoxe é 2 de abril: o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo. Que quere dicir isto? Hoxe é un día para reivindicar un lugar na nosa sociedade para as persoas con autismo. 
 
Entre todos e todas temos que seguir rompendo barreiras, facendo desta unha sociedade inclusiva. Crear un espazo no que, sen importar as diferencias, poidamos aportar.
Esta loita é común, e estou convencida de que o conseguiremos. 
Grazas por facer deste cole un lugar para todos e todas".
Alba Arias
 

Visita de 6º ao estadio RIAZOR

Dentro da campaña "Os noso valores: Escolas 110% blanquiazuis" que organiza o diario "A Opinión"

 

O pasado día 27 de febreiro as rapazas de 6º disfrutaron dunha xornada moi interesante no estadio do Deportivo da Coruña.

 

 

 

Se premedes na imaxe poderedes disfrutar do video.

ENTROIDO 2019

O venres 1 de marzo festexamos o Entroido. 

Grazas a tod@s pola vosa participación, en especial ás familias que se esforzaron por divertir a toda a comunidade escolar!

 

 

 

As nosas máscaras para o Entroido

Este ano, polo Entroido, rendímoslle homenaxe a Maruja Mallo. Investigamos o seu traballo e gustáronnos moito as súas máscaras, así que fixemos as nosas propias creacións.

Esperamos que vos gusten tanto coma a nós!

As nosas máscaras de Maruja Mallo

Charla informativa: merendas saudables

O luns 25 de febreiro, pola tarde, tivemos unha charla  super produtiva, na biblioteca do cole, para mellorar as merendas de nosos peques.  Silvia Castro, farmacéutica e  nutricionista, nai duns alumnos do cole, axudounos a:

  • Saber diferenciar o que é máis beneficioso para eles.
  • Como nos engana a industria alimentaria para comprar produtos que cremos máis sans e que non o son.
  • Cales son os efectos do exceso de azucre no sangue, no cerebro e no corpo.

 

Para as familias que non puidestes asistir, deseñamos un díptico informativo, cunha serie de recomendacións sobre Merendas Saudables e Estilo de Vida Activo e Saudable, como o noso  PEVAS!!

 

merendas saudables

 

 

 

Deixámosvos tamén a presentación utilizada por Silvia para acompañar a charla: Presentación.

 

 

Día da PAZ

O  pasado mércores festexamos o día da non violencia no noso centro.

Cantamos xuntas e recordamos un lema de VIDA "ROMPE COA VIOLENCIA" ao ritmo dos eternos Queen.

 

Distribuir contido

logo conselleria

ligazón abalar

  ligazón edixgal

    ligazón eva

          bibliotecas escolares

      

  ligazón programa tei

  FSE