Skip to Content

Situación do centro

O noso colexio está situado na localidade de Mugueimes, capital do concello de Muíños. Este concello do extremo sur da provincia de Ourense está inmerso no Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés que, xunguido recentemente ao veciño Parque Nacional portugués da Peneda Gêres, conforma un dos espazos naturais mellor conservados de Europa Occidental.

Limita polo norte, cos concellos de Lobeira, e Bande; polo leste, cos da Porqueira, e Calvos de Randín; polo sur, ca veciña nación de Portugal; e polo oeste, co concello de Lobios.

 







story | by Dr. Radut